Ramón Sanromán Roade

futbolista galego

Ramón Sanromán Roade, nado en Saiáns (Vigo) o 4 de outubro de 1952, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro centro. Toda a súa carreira futbolística transcorreu no Celta de Vigo.

Ramón Sanromán Roade
Información persoal
Nacemento 4 de outubro de 1952
Lugar de nacemento Saiáns
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo ata chegar ao filial, por aquel entón o Gran Peña, onde xogou dúas tempadas entre 1968 e 1970. Ao ano seguinte pasa ao primeiro equipo, chegando a disputar 26 encontros e anotando cinco goles.

Xogou no Celta nove tempadas, retirándose en 1980, despois do descenso do equipo a Segunda División B. Nunca destacou pola súa capacidade goleadora pero si pola súa regularidade e o seu traballo no campo.

O seu sobriño, Juan Carlos Sanromán, tamén xogou no Celta de Vigo na década dos noventa.