Ramón González Fernández
Ramón González Fernández,[1] nado en Ribadeo o 22 de abril de 1856 e finado no Porriño o 15 de decembro de 1925, foi un filántropo e empresario galego.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1856 Ribadeo, España |
Morte | 15 de decembro de 1925 (69 anos) O Porriño, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Cónxuxe | Corona González Santos |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou Náutica e Comercio en Ribadeo. En 1871 emigrou á Arxentina. Instalouse en Rosario traballando primeiro como empregado na casa comercial Correa, Gana e Compañía, despois como socio na empresa Mendeto e Compañía, e máis tarde sucesor na Ramón González e Cía, retirándose en 1896 logo de amasar unha fortuna. Retornou a Ribadeo en 1899. Promoveu a apertura de sucursais do Banco Español del Río de la Plata en Vigo e Santiago de Compostela.[2]
Dende a súa chegada dedicouse a facer numerosas doazóns ós concellos de Mos, O Porriño e Ribadeo. En Ribadeo foi membro da Sociedade Obreira de Socorros Mutuos A Concordia, da que foi presidente en 1910. Membro do Ateneo Biblioteca Popular, contribuíu ao seu desenvolvemento subvencionando clases de distintas materias e instrumentos musicais. Adxudicou bolsas a alumnos da vila para realizar os seus estudos. Subvencionou tamén a construción do Teatro, da Praza de Abastos e doou diñeiro para as Festas Patronais de 1925.En Porriño contribuíu á construción da casa do concello do Porriño deseñada polo arquitecto Antonio Palacios e o templo parroquial. [2][3]
Foi deputado provincial de Pontevedra en 1925.
Recoñecementos
editarEn 1915 a corporación municipal de O Porriño, acordou facelo fillo adoptivo do Porriño.[4]
En 1922 deron o seu nome a unha rúa de Ribadeo e foi nomeado Fillo Predilecto de Ribadeo.[5]
Foi condecorado coa Gran Cruz da Orde de beneficencia e coa Real Orde de Sabela a Católica.
Vida persoal
editarCasou no Porriño con Corona González Santos en 1900, fixando a súa residencia na casa familiar de Mos, coñecida como Vila do Adro. O matrimonio residiu por tempadas en Ribadeo e O Porriño.[1]
Ramón González, finou en Porriño aos 69 anos de idade, sendo soterrado na súa vila natal de Ribadeo.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Castro, Celia (2015). "Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas". CROA. Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga (25): 96–101. ISSN 1575-0639.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ramón González Fernández
- ↑ "El filántropo de O Porriño". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-03-03. Consultado o 2021-03-07.
- ↑ "un berro pola cultura no porriño". Atlántico (en castelán). 2012-09-17. Consultado o 2021-03-07.
- ↑ "Corona González y Ramón González, los grandes mecenas de Ribadeo y O Porriño". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-02-18. Consultado o 2021-03-07.
- ↑ Padín Ogando, Fernanda (2018-02-18). "Corona González santos(1875-1972) – fotógrafas pioneiras". Consultado o 2021-03-07.