Ramón Carballo Tajes
Ramón Carballo Tajes, nado cara a 1905 e finado na Coruña o 15 de marzo de 1937, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 |
Morte | 15 de marzo de 1937 (31/32 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarViaxante de comercio e veciño da Ponte do Porto (Camariñas). Estaba afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu por mar a Portugal con Andrés Balsas Vello e Manuel Carracedo Balsa. Alí foron detidos pola policía e entregados pola PIDE aos franquistas en Tui. Ramón intentou suicidarse cortándose as veas. Unha vez restablecido, foi trasladado Prisión provincial da Coruña o 7 de xaneiro de 1937, e xulgado en consello de guerra por rebelión militar con Andrés García Ferreiro, Ventura Andújar Méndez, Constante Campa Santos, Manuel Mouzo Mouzo e Gumersindo Lema o 24 de febreiro. Condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 15 de marzo de 1937. En xaneiro de 1943 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1]
Notas
editar- ↑ BOP A Coruña, 26-1-1943, p. 2.