Constante Campa Santos

político galego

Pacífico Constante Campa Santos, coñecido como Constante de Correa, nado na Ponte do Porto (Camariñas) o 15 de abril de 1911 e finado en Esteribar o 6 de xuño de 1938, foi un político galego.

Infotaula de personaConstante Campa Santos
Biografía
Nacemento15 de abril de 1911 Editar o valor em Wikidata
A Ponte do Porto, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xuño de 1938 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Esteríbar, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xornaleiro e muiñeiro da Ponte do Porto, membro do Sindicato de Oficios Varios da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no comité de defensa da República. Foi detido e trasladado do cárcere de Corcubión á Prisión Provincial da Coruña o 7 de xaneiro de 1937. Xulgado en consello de guerra o 24 de febreiro con Andrés García Ferreiro, Ramón Carballo Tajes, Ventura Andújar Méndez, Manuel Mouzo Mouzo e Gumersindo Lema, foi condenado a cadea perpetua. Trasladado penal de San Cristóbal de Pamplona o 13 de xuño de 1937, participou na fuga masiva do 22 de maio de 1938 e foi abatido pola forza pública en Esteribar o 6 de xuño. En maio de 1941 foille conmutada a pena pola de sete anos de prisión maior. En xaneiro de 1943 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1] O seu cadáver non foi atopado.

Notas editar

  1. BOP A Coruña, 26-1-1943, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar