Abrir o menú principal

Ramón Búa Otero, nado na Illa de Arousa o 28 de abril de 1933 e finado en Vigo o 21 de abril de 2012, foi un eclesiástico católico galego, bispo de Tarazona e de Calahorra e La Calzada-Logroño.

Ramón Búa Otero
Mons. Bua (31148852582).jpg
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento28 de abril de 1933 en Illa de Arousa, España
Pasamento21 de abril de 2012 en Vigo, España
Ordes
Ordenación sacerdotal19 de marzo de 1961
Consagración episcopal21 de febreiro de 1982, por Antonio Innocenti
Bispo de Calahorra e La Calzada-Logroño
1989 - 2003
PredecesorFrancisco Álvarez Martínez
SucesorJuan José Omella

TraxectoriaEditar

Logo de estudar no seminario de Tui, foi ordenado sacerdote ao servizo da diocese de Tui-Vigo o 19 de marzo de 1961. Posteriormente continuou os seus estudos en Roma, licenciándose en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana en 1962 e en Sagrada Escritura polo Pontificio Instituto Bíblico en 1964.

O 11 de xaneiro de 1982 foi nomeado bispo de Tarazona. Recibiu a ordenación episcopal o 21 de febreiro, de mans do nuncio Antonio Innocenti, e tendo como co-consagrantes aos arcebispos de Zaragoza Elías Yanes e Oviedo Gabino Díaz. O 14 de setembro de 1989 foi nomeado bispo de Calahorra e La Calzada-Logroño, diocese que rexeu até o seu retiramento o 15 de setembro de 2003.

Na Conferencia Episcopal Española foi membro das Comisións Episcopais de Ensinanza e Catequese e de Seminarios e Universidades. Faleceu o 21 de abril de 2012 en Vigo.

Véxase taménEditar