Rainer Maria Woelki

Rainer Maria Woelki, nado o 18 de agosto de 1956 en Colonia, é un eclesiástico católico latino, cardeal dende 2012 e arcebispo metropolitano de Colonia dende 2014.

Rainer Maria Woelki
Rainer woelki erzbischof von berlin.jpg
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1956 en Colonia
Ordes
Ordenación sacerdotal14 de xuño de 1985, por Joseph Höffner
Consagración episcopal30 de marzo de 2003, por Joachim Meisner
Creado cardeal18 de febreiro de 2012, por Bieito XVI
Arcebispo metropolitano de Colonia
2014 -
PredecesorJoachim Meisner
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Colonia o 14 de xuño de 1985 polo arcbispo Joseph Höffner.

O 24 de febreiro de 2003 foi nomeado bispo auxiliar de Colonia. Recibiu a ordenación episcopal o 30 de marzo de mans do cardeal Joachim Meisner.

O 2 de xullo de 2011 foi nomeado arcebispo de Berlín. O papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni Maria Vianney no consistorio do 18 de febreiro de 2012.

O 11 de xullo de 2014 foi nomeado arcebispo de Colonia.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Georg Maximilian Sterzinsky
 Arcebispo de Berlín 
2011 - 2014
Sucesor:
Heiner Koch
Predecesor:
Joachim Meisner
 Arcebispo de Colonia 
2014 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)