Rafael Sarandeses Pérez

político galego

Rafael Sarandeses Pérez, nado en Lugo en 1912 e finado en Madrid o 25 de outubro de 1965,[1] foi un avogado e político galego.

Rafael Sarandeses Pérez
Nacemento1912
Lugar de nacementoLugo
Falecemento25 de outubro de 1965
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo do médico Rafael Sarandeses Álvarez. Licenciado en Dereito. Na guerra civil foi subxefe da Bandeira Regional de Falange de Lugo coa que actuou en varias frontes. Inspector técnico fiscal do Estado. Foi Delegado provincial do Propaganda de FET y de las JONS de Ourense en 1940,[2] e secretario provincial do Movemento de Ourense.[3] Foi presidente da Deputación de Lugo entre 1951 e outubro de 1955. Foi procurador en Cortes. Despois foi Inspector do Timbre.


Predecesor:
Antonio Rosón Pérez
  
Presidente da Deputación de Lugo
 
1951 - 1955
Sucesor:
Adolfo Manso Rodríguez

Vida persoal editar

Casou con María Luisa Astray-Caneda Casar e foi pai de Rafael, Santiago, Luis e María José Sarandeses Astray-Caneda.

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Progreso, 27-10-1965, p. 2.
  2. La Región, 25-1-1940, p. 2.
  3. El Progreso, 2-4-1950, p. 4.