Rafael Lareo Mallo

tradutor e sindicalista galego

Rafael Lareo Mallo, nado en Santiago de Compostela cara a 1900 e finado en Vigo o 17 de abril de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Rafael Lareo Mallo
Nacemento1900
 Santiago de Compostela
Falecemento17 de abril de 1937
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónintérprete e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Tradutor, en 1929 aprobou os exames para gardas municipais intérpretes da Coruña.[1] En febreiro de 1932 foi expulsado do corpo da Garda Municipal con Juan Santiago Alamo Manzano.[2] En xuño de 1934 foi detido na Coruña por unha pelexa.[3] En abril de 1935 aprobou a oposición para intérprete do Concello de Vigo.[4] Veciño de Lavadores, foi directivo do sindicato de oficios varios da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo por rebelión militar. Foi condenado a pena de morte e executado ás 11 horas do 17 de abril de 1937 con Rogelio Arjones, Moisés Pereira Figueras e Ricardo Solla Lemos, nas inmediacións do castelo do Castro.[5]

NotasEditar

  1. El Pueblo Gallego, 27-4-1929, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 4-2-1932, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 10-6-1934, p. 9.
  4. El Pueblo Gallego, 17-4-1935, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 18-4-1937, p. 7.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar