Rafael García Sousa

político galego

Rafael García Sousa, nado na Coruña en 1905 e finado en marzo de 1978[1], foi un político, obreiro e militar galego.

Infotaula de personaRafael García Sousa
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1978 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Afiliouse ao Partido Comunista de España en 1935.[1] Tras o estalido da guerra civil uniuse ás milicias populares, integrándose posteriormente na estrutura do Exército Popular da República, onde alcanzou o rango de maior de milicias. Cara ao final da contenda, durante a retirada de Cataluña, asumiu o mando da 139ª Brigada Mixta.[2]

Exiliouse na Unión Soviética xunto a outros militares e políticos comunistas. Unha vez instalado alí, traballou como obreiro en Kolomná, Kírov e Moscova. Durante a segunda guerra mundial alistouse como voluntario no Exército Vermello. Con posterioridade foi tradutor español-ruso en Cuba.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Encinas Moral 2008, p. 328.
  2. Engel 1999, p. 121.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Encinas Moral, Ángel Luis (2008). Fuentes históricas para el estudio de la emigración española a la U.R.S.S.(1936-2007). Madrid: Exterior XXI. 
  • Engel, Carlos (1999). Historia de las Brigadas Mixtas del Ejército Popular de la República. Madrid: Almena. 84-922644-7-0.