COPE

cadea de radio española
(Redirección desde «Radio Popular»)

A COPE, acrónimo de Cadena de Ondas Populares de España, é unha das principais cadeas de radio de España e está vinculada á Conferencia Episcopal Española.

COPE

Tipocadea de radio Editar o valor en Wikidata
Lingua usadalingua castelá Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aConferencia Episcopal Española Editar o valor en Wikidata
Operador/aÁbside Media (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1960 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcope.es Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: COPE Dialnet: 3813520 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Historia e características

editar

COPE é a marca empregada por Radio Popular S.A., unha empresa formada pola Conferencia Episcopal Española (50 %), as dioceses (20 %) e ordes relixiosas como os xesuítas ou os dominicos. Tamén forma parte a ONCE. Ao grupo pertencen outras canles de radio e televisión, como Cadena 100 e Rock & Gol, e Popular TV.

Estivo moitas veces envolta en polémicas polo uso do galego, unhas veces por motivos xudiciais e outros por declaracións dos compoñentes como Federico Jiménez Losantos.[Cómpre referencia] Con todo as emisoras locais empregan decote a lingua galega e Radio Popular de Vigo, pertencente á COPE, foi pioneira no uso da lingua galega na radio.[1]