Radamisto
Radamisto (xeorxiano: რადამისტი, radamist'i, armenio: Հռադամիզդ, Hřadamizd') (morto en 58) foi un príncipe real da dinastía Pharnavaziana[1] de Iberia que reinou en Armenia entre o 51 e o 53 e de novo do 54 ao 55. Considerado usurpador e tirano, unha rebelión apoiada polo Imperio Parto derrubouno.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ka) რადამისტი século I Iberia caucásica |
Morte | 58 Iberia caucásica |
Rei de Armenia | |
Datos persoais | |
Relixión | Georgian mythology (en) |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Familia | Dinastía Pharnavaziana |
Cónxuxe | Zenobia de Armenia |
Pai | Farasmanes I |
Irmáns | Mithridates I of Iberia Amazaspo I |
Condenado por | rexicidio |
Traxectoria
editarRadamisto era o fillo máis vello do rei Pharsman I de Iberia,[2] mais a súa nai era unha princesa armenia da dinastía artáxida, filla de Tigranes IV e da súa dona e irmá Erato. En Armenia gobernaba Mitríades, instalado no trono por seu irmán, o rei de Iberia, pero as relacións entre os dous irmáns deterioránse e no ano 51 Pharsman instalou no trono ao seu fillo, Radamisto quen coa complicidade da gornición romana capturou e matou a seu tío. O rei Vologases I de Partia desconforme con esas accións invadiu Armenia conquistando Artaxata e proclamando a seu irmán Tiridates I rei no ano53 mais no inverno ao se retirar os soldados partos por unha epidemia, Radamisto volveu recuperar o poder. Trata os armenios con extraordinaria severidade, castigando ás cidades que se renderan aos partos, o que ten como consecuencia unha rebelión e a volta de Tiridates ao poder no ano 55. Radamisto fuxiu e Tiridates fixo prisoneira á súa muller, Zenobia, á que tratou como unha raíña. Radamisto viviu os anos seguintes en Iberia ata que o seu pai ordenou asasinalo co pretexto de argallar un complot contra el.