Na mitoloxía galega, o rabuso era un ser imaxinario coñecido case exclusivamente na península do Morrazo, provisto de rabo e de pequeno tamaño, pero de carácter maligno. Asegúrase que orixinalmente era de estatura normal pero que co paso do tempo foron minguando ata converterse en ananos.

Vaqueiro supón que teñen orixe nas invasións sarracenas en Galicia, que vestían un turbante ou unha faixa que deixaba solto un cabo, que podería lembrar un rabo e de onde lles vén o nome.

Cóntase que unha vella de Cangas, a comezos do século XX, viu un rabuso cando estaba amortaxando unha defunta.

E parece ser[1] que en Porcarizas, por terras do concello de Lobeira (Ourense), había unha raza de homes provistos de rabo. Eran ruíns e quizais leprosos, polo que os veciños do lugar acordaron desfacerse deles matándoos a todos e queimando as súas casas. Só lograron sobrevivir dous deles, e disque aínda viven os descendentes desta parella. Recoñécense porque se alporizan todo cando se levanta un dedo ante eles movéndoo de arriba abaixo, simulando o rabo que posuían os seus avós.

Dise tamén que a este lugar de Porcarizas se levaban os vellos cando estaban para morrer e xa non podían traballar.

  1. Segundo información tomada de Xaquín Lorenzo Fernández : "Algunas habitaciones de pastores en la Sierra del Leboreiro", en Cuadernos de Estudios Gallegos, II, Santiago de Compostela, 1946-47.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Vaqueiro, Vítor (2011). Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Vigo: Galaxia. 

Ligazóns externa

editar