Rabia Salihu Sa'id

Física nixeriana

Rabia Salihu Sa'id, o seu apelido tamén se escríbe Saeed[1], nada en Wangara (Nixeria) o 21 de abril de 1963,[2] é unha física, profesora na Universidade de Bayero Kano. Realiza investigacións en física atmosférica e espacial. Sa'ide é mentora das científicas mozas na Fundación Visiola e en Corpo de Paz e foi cofundadora da Asociación de Mulleres Físicas de Nixeria.

Infotaula de personaRabia Salihu Sa'id
Biografía
Nacemento21 de abril de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Wangara, Nixeria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNixeria Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Reading
Universidade Bayero (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , académica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, Lingua hausa, árabe e pidgin nixeriano Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Rabia Sa'id naceu nunha aldea do estado de Kano, no norte de Nixeria, onde as nenas teñen poucas oportunidades educativas, moitas casan na adolescencia e espérase que as mulleres queden na casa. Pero o seu pai, un oficial do exército nixeriano, quería que se convertera en médico.[3]

Said casou aos 18 anos, unha vez que se graduou na escola secundaria. O nacemento do seu primeiro fillo, con problemas médicos, fixo que deixara de lado a súa intención de acadar un título universitario.[3] Aos 29 anos comezou a súa educación universitaria e dirixiu unha escola infantil para pagar a súa educación.[3][4] Licenciouse en Ciencias, e é doutora en física pola Universidade de Bayero Kano.[5] En setembro de 1999, comezou a traballar como axudante de posgrao na Universidade de Bayero. En 2002, no Programa Internacional de Bolsas da Fundación Ford (IFP), estudou un máster en Medio Ambiente e Desenvolvemento na Universidade de Reading no Reino Unido.[6]

Comezou a traballar en 1999 na Universidade Bayero, onde agora ensina cursos de graduación e posgrao en física atmosféricas e meteoroloxía espacial.[2] En 2012 foi nomeada vicedecana da División de Asuntos Estudantes da Universidade.[7]

Investigación editar

Realiza investigacións en física atmosférica e espacial, física de partículas, e electrónica[5]. A súa investigación busca resolver os desafíos ambientais de Nixeria.[5] Para reducir o número de árbores cortadas para leña, por exemplo, realizouse un estudo sobre o uso de anacos de madeira de proxectos de carpintaría que poderían utilizarse como combustible, o que reduciría a velocidade á que os bosques do país diminúen. Tamén recompila datos atmosféricos e estuda os efectos de deforestación e aerosois de po. O seu obxectivo é fomentar unha maior dependencia en Nixeria das fontes de enerxía renovables -como a enerxía eólica, solar e hidroeléctrica- que son menos daniñas para o medio ambiente que as dos combustibles fósiles.[5]

En 2010, traballou con C. Matzler, científico en teledetección terrestre e atmosférica, no Instituto de Física Aplicada da Universidade de Berna, Suíza, como investigadora visitante durante catro meses. En xaneiro de 2013, foi nomeada membro do Instituto Científico Africano (ASI) en Física.

Ámbito STEM editar

Sa'id é cofundadora da Asociación de Mulleres Físicas de Nixeria en 2011, que anima ás mulleres a converterse en físicas, busca mellorar a educación física nas escolas e concede premios a mulleres novas.[3] Tamén fomenta a mentoría en proxectos de ciencia locais e nacionais, [5] ofrecéndose voluntariado para a Fundación Peace Peace Corps de Nixeria e a Fundación Visiola.[8][9] Ela asegura que participa activamente na difusión do STEM porque hai unha presión grupal e obstáculos que as nenas, especialmente as do norte de Nixeria, teñen que superar para obter titulacións e carreiras nestes campos. Ademais, "máis nenas en ciencia significaría que as solucións que ofrece a ciencia non só se adaptan ás necesidades dun único xénero".[10]

Recoñecementos editar

En 2015 recibiu un dos cinco premios da Fundación Elsevier para mulleres científicas do mundo en desenvolvemento.[11] [3]Recibiu o premio polo seu traballo sobre os retos ambientais de Nixeria, que foi presentado o 14 de febreiro de 2015 na reunión anual da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (AAAS) en San Jose, California. [12]

En agosto de 2015, Sa'id foi entrevistada pola xornalista da BBC Claudia Hammond para un artigo no BBC World Service,[4] e apareceu na serie anual 100 Women (BBC) da BBC, destacando os seus esforzos para promover a educación científica en Nixeria.[13] Ao ano seguinte (2016) apareceu na revista en liña The Nigerian Academy nunha lista de distinguidas mulleres nixerianas en ciencias.[8]

Foi unha das nove persoas homenaxeadas como "defensoras" en Nixeria en marzo de 2015 polo British Council polo seu traballo comunitario.[14][15]

Notas editar

  1. "Covenant University Hosts 2nd National Conference of Women in Physics". 17 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016.. 
  2. 2,0 2,1 "RABIA SALIHU SAID". Bayero University. Consultado o 2020-05-26. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Moskvitch, Katia (5 de marzo de 2015). "Early-Career Women Scientists From Developing Countries Honored at AAAS Annual Meeting". Nature 519 (7541): 20–23. Bibcode:2015Natur.519...20M. doi:10.1038/519020a. Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Claudia Hammond. "Nigerian Physicist sold her Jewellery for Science". Discovery (BBC World Service) (BBC World Service). Consultado o 1 de decembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Elsevier, ed. (10 de febreiro de 2015). "Here are the winners of the Women in Science Elsevier Foundation Awards". Elsevier Connect. Consultado o 11 de decembro de 2016.. 
  6. Voice of America, ed. (30 outubre de 2009). "Getting Ahead Through Higher Education - Ford Foundation Fellowships - 2003-11-07". Voice America. Consultado o 12 decembro de 2016.. 
  7. "Early-Career Women Scientists From Developing Countries Honored at AAAS Annual Meeting". AAAS - The World's Largest General Scientific Society. 10 de febreiro de 2015. Consultado o 10 decembro de 2016.. 
  8. 8,0 8,1 "Ten Distinguished Nigerian Women in Science". The Nigerian Academia. 21 outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2018. Consultado o 16 marzo 2019. 
  9. The Visiola Foundation, ed. (15 de maio de 2015). "The Visiola Foundation Launches its '1,000 Female African STEM Pros' Campaign". The Visiola Foundation. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2020. Consultado o 12 decembro de 2016. 
  10. "Nigeria: Girls Urged to Develop Confidence in Maths, Science". Daily Trust (Abuja). 7 de outubro de 2015. Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  11. Elsevier, ed. (23 de febreiro de 2015). "5 women scientists tell their stories of hard-earned success". Elsevier Connect. Elsevier. Consultado o 11 de decembro de 2016. 
  12. "Today's scholars, tomorrow's leaders" (PDF) 26. The World Academy of Sciences. 2014: 20–21. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 30 de xullo de 2016. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  13. "Who are the 100 women?". BBC. 
  14. International Centre for Investigative Reporting, ed. (7 de marzo de 2015). "International Women’s Day : British Council To Honour Nine Women". ICIR. 
  15. "British Council set to mark women’s day". Premium Times. 1 de marzo de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar