ROSAT

Observatorio espacial de Alemaña, Estados Unidos e Reino Unido.

ROSAT (acrónimo do alemán Roentgen Satellit) foi un observatorio espacial construído en colaboración de Alemaña, os Estados Unidos e o Reino Unido, lanzado o 1 de xuño de 1990 mediante un foguete Delta II 6920-8 desde Cabo Cañaveral.[1][3]

ROSAT (Roentgen Satellit)
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA/DARA[1]
Data de lanzamento1 de xuño de 1990[2][3][4]
Foguete portadorDelta II 6920-8[1][3]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[3][5]
Obxectivo da misiónObservación astronómica en raios X.[3][5]
Decaemento23 de outubro de 2011[2]
NSSDC ID1990-049A
Masa2421,1 kg[3]
Potencia905 vatios[3]

Características editar

ROSAT adicouse á observación astronómica no rango de lonxitudes de onda dos raios X. Estaba estabilizado nos tres eixos e tiña unha precisión no apuntado de 1 minuto de arco, cunha estabilidade de 5 segundos de arco por segundo ou mellor. A orientación acadábase mediante dous sensores estelares CCD.[1][3]

A duración inicial da misión era de 18 meses, pero prolongouse varias veces.[1][3] ROSAT finalmente reentrou na atmosfera o 23 de outubro de 2011.[2]


Instrumentos editar

  • X-ray Telescope (XRT): o telescopio de raios X en si, un telescopio de incidencia rasante composto por catro telescopios tipo Wolter anidados cunha apertura de 84 cm e 240 cm de lonxitude focal, cunha resolución de 5 segundos de arco a enerxías medias. Traballaba no rango de enerxías entre 0,1 e 2 keV e alimentaba a tres instrumentos situados no plano focal: dous contadores proporcionais de orixe alemá e unha cámara de alta resolución proporcionada polos Estados Unidos.
  • Telescopio para o ultravioleta extremo: telescopio proporcionado polo Reino Unido coaliñado co XRT e que traballaba no rango de enerxías entre 0,042 e 0,21 keV.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ROSAT" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ROSAT" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (4 de novembro de 2011). "ROSAT" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  4. "Note verbale dated 5 September 2001 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (01-87116 (E)). 4 de febreiro de 1980: 2. ST/SG/SER.E/640. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "ROSAT" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar