R-SMAD

(Redirección desde «R-Smad»)

As R-SMADs son un tipo de proteína SMAD reguladas por receptores. As SMAD son factores de transcrición que transducen sinais da superfamilia de ligandos extracelulares TGF-β que inician nos receptores de TGF-beta a nivel da membrana celular e chegan ao núcleo, onde activan xenes diana que transcriben o TGF-β. A activación das R-SMAD ocorre por fosforilación directa do seu extremo C-terminal polo dominio quinase intracelular do receptor de TGF-beta 1.[1] Entre as R-SMAD inclúense SMAD2 e SMAD3 da vía TGF-β/Activina/Nodal, e SMAD1, SMAD5 e SMAD8 da vía de sinalización da proteína morfoxénica ósea (BMP).[2]

Estrutura editar

As R-Smad conteñen dous dominios conservados entre os seus membros, que son o dominio de Homoloxía Mad1 (MH1) situado no extremo N-terminal da proteína e o dominio de Homoloxía Mad2 (MH2) no extremo C-terminal. Os dous dominios de homoloxía están separados por zonas reguladoras ricas no aminoácido prolina, cuxo tamaño e proporción varían entre os diferentes membros da familia Smad.[3] No dominio MH1 reside a actividade da proteína de localización cara ao núcleo, unión ao ADN e unión a factores de transcrición, mentres que o dominio MH2 permite a unión da proteína ao seu receptor e, augas abaixo na vía de sinalización, a actividade transcricional.[4]

Entre os dominios MH1 e MH2 existen motivos que lle confiren á proteína importantes puntos de regulación que inclúen sitios de fosforilación para as vías das quinases MAP (MAPK), a familia de quinases reguladas por sinais extracelulares (Erk), a quinase II dependente de Ca2+/calmodulina (CamKII) e a proteína quinase C (PKC).[5][6][7]

O extremo C-terminal das R-SMAD posúe un dominio rico no motivo xenético «SSXS» que é o lugar onde a proteína é fosforilada como resposta a sinais drivados dalgún dos ligandos da superfamilia TGF-β previamente unidos a proteínas quinases.[3] Unha vez fosforiladas, as R-SMAD únense tipicamente ao mediador común Smad (co-SMAD), SMAD4.[8]

Funcións editar

Os complexos Smad acumúlanse no núcleo celular onde regulan a transcrición de xenes diana, en concreto:[8][9]

  • SMAD2 e SMAD3 son activados en resposta a sinais do TGF-β/Activina/Nodal.
  • SMAD1, SMAD5 e SMAD8 son activados en resposta á BMP ou a sinais do mensaxeiro GDP.
  • SMAD6 e SMAD7 son coñecidas como I-SMADs (Smad inhibitorios), os cales forman trímeros cos R-SMADS e bloquean a súa capacidade de inducir a transcrición de xenes competindo cos R-SMADs polos mesmos receptores e marcando os receptores TGF-β para a súa degradación.

Notas editar

  1. Yuan, Shi-Min, Wang, Jun, Hu, Xiao-Nan, Li, De-Min, & Jing, Hua. (2011). Transforming growth factor-β/Smad signaling function in the aortopathies Revista Brasileira de Cirurgia Cardiovascular, 26(3), 393-403. Acceso o 21 de decembro de 2015
  2. Wharton K, Derynck R. "TGFbeta family signaling: novel insights in development and disease" 136 (22). PMID 19855012. doi:10.1242/dev.040584. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Vanegas, Adriana Lucía, & Vásquez, Gloria María. (2011). Smad y otros blancos terapéuticos en esclerodermiaSmad and other therapeutic targets in scleroderma Revista Colombiana de Reumatología, 18(4), 285-294. Acceso o 18 de decembro de 2015
  4. Shi Y, Hata A, Lo RS, Massagué J, Pavletich NP. "A structural basis for mutational inactivation of the tumour suppressor Smad4" 388 (6637). PMID 9214508. doi:10.1038/40431. 
  5. Kretzschmar M, Doody J, Massagué J. "Opposing BMP and EGF signalling pathways converge on the TGF-beta family mediator Smad1" 389 (6651). PMID 9335504. doi:10.1038/39348. 
  6. Wicks SJ, Lui S, Abdel-Wahab N, Mason RM, Chantry A. "Inactivation of smad-transforming growth factor beta signaling by Ca(2+)-calmodulin-dependent protein kinase II" 20 (21). PMC 86420. PMID 11027280. doi:10.1128/MCB.20.21.8103-8111.2000. 
  7. Yakymovych I, Ten Dijke P, Heldin CH, Souchelnytskyi S. "Regulation of Smad signaling by protein kinase C" 15 (3). PMID 11259364. doi:10.1096/fj.00-0474fje. 
  8. 8,0 8,1 Matsuo, Sílvia E., Fiore, Ana Paula Z. P., Siguematu, Simone M., Ebina, Kátia N., Friguglietti, Celso U. M., Ferro, Maria C., Kulcsar, Marco A. V., & Kimura, Edna T.. (2010). Expressão de proteínas SMAD, mediadores da sinalização de TGF-beta/activina, em tecidos de tiroide humana Arquivos Brasileiros de Endocrinologia & Metabologia, 54(4), 406-412. accesado el 21 de diciembre de 2015
  9. Moustakas A, Souchelnytskyi S, Heldin CH. "Smad regulation in TGF-beta signal transduction" 114 (Pt 24). PMID 11792802. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2020.