Río do Con

Río de Galicia.

O río do Con é un río da provincia de Pontevedra que desemboca na ría de Arousa.

Río do Con
Río do Con ao seu paso por Vilagarcía de Arousa.
PaísGalicia Galicia
NacementoMonte Xiabre
Lonxitude15 Km
Caudal medio? m³/s
DesembocaduraRía de Arousa

Descrición editar

Fontes editar

Nace nas inmediacións do monte Xiabre, onde fai un remanso para formar o encoro de Vilagarcía de Arousa, que abastece á vila.

Percorrido editar

Antes de entrar na vila descende dende montañas que case non superan os 600 msnm, pero que teñen unha media anual de precipitacións de máis de 1.500 mm.[1] Isto provoca que o seu caudal aumente de forma intensa nalgunhas ocasións, provocando enchentes como as de novembro do ano 2006. Pasa polo centro de Vilagarcía, atravesando zonas céntricas como a do Convento de Vista Alegre. Despois de percorrer uns 15 km desemboca na ría de Arousa.

Natureza editar

Medio ambiente editar

O río padece verteduras incontroladas de residuos sólidos. A pesar diso abondan nel os peixes, que son visibles dende as beiras do río.

Notas editar

  1. "Agencia Estatal de Meteorología". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2008. Consultado o 14 de marzo de 2010.