Río de Vilaselán
O río de Vilaselán é un río da provincia de Lugo. Transcorre enteiramente polo concello de Ribadeo.
![]() Perfil altimétrico do río de Vilaselán | |
País | ![]() |
---|---|
Nacemento | Fontes do Lobo (Ove, Ribadeo) |
Lonxitude | 4,45 Km |
Conca | Río de Vilaselán |
Desembocadura | Esteiro de Vilaselán |
![]() | |
Cunca hidrográfica das augas a mar aberto da Mariña Oriental | |

Topografía editar
O Río de Vilaselán nace nas 'Fontes do Lobo', na parroquia ribadense de Ove, pasando logo á de Vilaselán, onde desemboca.[1]
É curto, de pendente grande na parte alta, e pendente media no resto, ata a súa desembocadura, onde forma un esteiro.
Bioloxía editar
Na súa parte alta e desembocadura atópase rodeado de eucaliptos. No resto do seu percorrido predominan os prados.
Xeoloxía editar
Fai un corte na rasa costeira, que representa a meirande parte do seu percorrido.[2]
Medio ambiente editar
Está abondo afectado porque nas súas fontes (as Fontes do Lobo) cóllese auga para Ribadeo, deixando só un pequeno regueiro no mellor dos casos, co que o seu caudal é mínimo na actualidade, exceptuando chuvias copiosas. Antes de percorrer 1 km pasa á beira do vertedoiro vello de Ribadeo, hoxe nominalmente pechado. Asemade, a partir do primeiro quilómetro de percorrido, recibe augas sen tratar no seu leito. Finalmente, xa case no esteiro, serve de leito para o emisario de augas de Ribadeo[3], ata que este sae a mar aberto.
Aproveitamento editar
Non é aproveitado exceptuando aplicacións naturais propias.
Construcións editar
No seu primeiro tramo só é atravesado por un par de camiños sen pontes, estando minimamente canalizado á beira do antigo vertedoiro[4]. Logo atravesa a estrada local Ribadeo - A Devesa entubado, (e próximo á circunvalación ribadense), atopando logo á súa beira casas, a estrada N-634, outras estradas menores e camiños, todos xa con pontes. En tramos vese canalizado, e aínda un longo tramo vai entubado baixo construcións (tras pasar pola N-634).
Notas editar
- ↑ "Sixpac". sixpac.xunta.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ Asensio Amor, Isidoro (1975). "Morfología del frente costero en el límite galaico astur". Boletín del Instituto de Estudios Asturianos. 84-85 (29): 347–358. ISSN 0020-384X.
- ↑ "El emisario de Ribadeo cobra forma". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-06-18. Consultado o 2019-01-05.
- ↑ "Del Álamo pone a Ribadeo como ejemplo de preocupación por el medio ambiente". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-02-06. Consultado o 2019-01-05.