Río das Rozas
O río das Rozas é un curso fluvial galego, afluente pola marxe dereita do río Lañas, que á súa vez verte as súas augas no río Ulla. Ten un percorrido duns 5,5 km.
Río das Rozas | |
---|---|
País | ![]() |
rexión | ![]() |
Nacemento | Cebreiro (O Pino) |
Lonxitude | 5,5 km. |
Desembocadura | río Lañas |
Características Editar
Nace na parroquia de Cebreiro (O Pino), ao norte do campo da feira do Vinte e da capela de San Sadurniño. No seu curso asentan os muíños de Sabuceda e A Quintá (abandonados) e mais o muíño de Rozas.
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |