Río Yalu
O río Yalu (en chinés, 鸭绿江; Amrok-gang en Corea do Norte e Amnok-gang en Corea do Sur, 압록강) é un río fronteirizo entre a China e Corea do Norte. O nome chinés provén dunha palabra manchú que significa «o límite entre dous campos».
Yalu - 鸭绿江 - 압록강 | |
---|---|
País | China Corea do Norte |
Nacemento | Changbai |
Altitude | 2500 msnm |
Lonxitude | 790 - 813 km |
Conca | 30 000 km² |
Caudal medio | n/d m³/s |
Desembocadura | Mar Amarelo |
Localización do río Yalu | |
Nace a 2.500 metros sobre o nivel do mar en Paektu-san nas montañas de Changbai e flúe ao longo de aproximadamente 800 quilómetros (segundo as fontes, entre 813 e 790 km) entre as cidades de Dandong (China) e Sinuiju (Corea do Norte), desembocando no mar Amarelo. Os afluentes máis importantes do Yalu son os ríos Changjin, Hŏch'ŏn e Tongro.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Yalu |