O Ibaizabal é un río de Biscaia, no norte de España. Etimoloxicamente ven de ibai, "río" e zabal, "ancho" en éuscaro, é dicir «río ancho».

Modelo:Xeografía físicaRío Ibaizabal
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaBiscaia, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaBiscaia, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRía de Bilbao Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°14′24″N 2°52′34″O / 43.24, -2.876
Afluentes
Características
Dimensións43 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.900 km² Editar o valor en Wikidata

Nace na fronteira de Biscaia con Áraba e Guipúscoa, preto de Elorrio, de varios arroios dos montes Anboto e Udalaitz, na Cornixa Cantábrica. Adóitaselle denominar Ibaizabal a partir da unión do Zumelegui e o Arrázola, que se unen no val de Axpe Achondo.

Corre en dirección noroeste polo chamado Val do Ibaizabal e atravesa o Duranguesado. Conflúe en Basauri co Nervión, un río de similar caudal e lonxitude, e xuntos corren en dirección noroeste. Á altura de Bilbao forman a ría de Bilbao (tamén chamada ría do Nervión ou do Ibaizabal), que desemboca no mar Cantábrico.

En todo o seu percorrido, fóra da súa parte alta, as súas beiras están altamente urbanizadas e industrializadas, principalmenete con industrias metalúrxicas e químicas (papeleiras) o que deteriora a calidade das augas e altera os ecosistemas propios das súas beiras ao verse canalizado e encaixonado en moitos tramos da súa canle. As reformas do saneamento melloraron moito a calidade das súas augas.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar