Río Bravo, América do Norte

(Redirección desde «Río Grande, América do Norte»)

O Río Bravo ou Bravo del Norte, nomeado dese modo en México, ou río Grande nos Estados Unidos, é un longo río do sur dos Estados Unidos e norte de México que flúe en dirección sur e sueste a través de Colorado e Novo México ata chegar á cidade de El Paso (Texas) a partir de onde forma a fronteira sur de Texas (Estados Unidos) e a fronteira norte dos estados mexicanos de Chihuahua, Coahuila, Nuevo León e Tamaulipas, ata desembocar no golfo de México (océano Atlántico). Con 3034 km de lonxitude, é o cuarto río máis longo de América do Norte.

Modelo:Xeografía físicaRío Bravo, América do Norte
(mis) mets'ichi chena
(mis) posoge
(mis) paslápaane
(mis) hañapakwa Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
País da cuncaEstados Unidos de América e México Editar o valor en Wikidata
División administrativaColorado, Estados Unidos de América, Novo México, Estados Unidos de América, Texas, Estados Unidos de América, Estado de Chihuahua, México, Coahuila de Zaragoza, México, Nuevo León, México e Tamaulipas, México Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónGolfo de México Editar o valor en Wikidata
Mapa
 37°47′52″N 107°32′18″O / 37.7978, -107.5384
25°57′22″N 97°08′43″O / 25.9562, -97.1452
Afluente
27
Conca hidrográficaRio Grande basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño3.051 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica471.900 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal85 m³/s Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar
 
O río Bravo no parque nacional Big Bend.

Nace en San Juan Mountains, no suroeste de Colorado. Flúe un curto tramo cara ao leste e entra en San Luis Valley onde vira cara ao sur entrando en Novo México. Pasa preto da capital do estado, Santa Fe, e pola cidade máis poboada Albuquerque. Atravesa todo o estado e comeza a formar a fronteira entre Texas e Chihuahua, pasando polas cidades xemelgas de El Paso (Texas) e Ciudad Juárez (Chihuahua) e seguindo en dirección sueste recibe o río Conchos pola dereita en Ojinaga. A partir de aí vira bruscamente cara ao nordés empezando a formar a fronteira entre Coahuila e Texas, recibe o río Pecos e xira novamente cara ao sueste. Pasa polas localidades de Ciudad Acuña e Piedras Negras, forma un pequeno tramo da fronteira entre Texas e Nuevo León, e por último con Tamaulipas, onde pasa polas cidades de Laredo-Nuevo Laredo, McAllen -Reynosa e Brownsville-Matamoros, desembocando pouco despois no golfo de México.

Historia

editar

Durante o final da década de 1830 e principio da de 1840, este río foi causa do conflito entre a República de Texas e México, xa que a primeira establecía a súa fronteira sur neste río, e México a súa fronteira norte no río Nueces, máis cara ao norte. A finais de 1845 a República de Texas pasou a formar parte dos Estados Unidos, polo que agora era todo o país o que estaba en guerra cos seus veciños do sur (intervención estadounidense en México). Como a guerra a gañaron os do norte en 1848, a fronteira entre ambos os países pasou a formala o río Grande, dende as cidades de El Paso e Ciudad Juárez ata o golfo de México.

O 2 de outubro de 1968 o goberno estadounidense declarou como río salvaxe e paisaxístico nacional un tramo de 89,6 km que discorre por Novo México. O 10 de novembro de 1978 engadiuse á declaración un segundo tramo de 307,6 km e o 4 de maio de 1994 un terceiro tramo de 20,1 km (paisaxístico), tamén situados no estado de Novo México.[1]

O 11 de setembro de 1997 o presidente Bill Clinton designou este río como un dos catorce que integran o sistema de ríos do patrimonio estadounidense.

editar

O río Grande non é navegable, xa que tanto a profundidade como a largura e os obstáculos na canle dificultan o seu uso para a navegación fluvial.

Economía

editar

No extremo sur de Texas, na beira norte do río Grande atópase o Val do Río Grande onde se cultiva moi produtivamente algodón, uvas, sorgo, millo e azucre. Tamén é un lugar turístico.

  1. Véase en: «River Mileage Classifications for Components of the june 2008 National Wild and Scenic Rivers System», disponible en el sitio del Servicio Nacional de Parques de los EE.UU., en River mileage classifications for components of the national wild and scenic rivers system, october 2011.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Coker, Caleb (1992). The News from Brownsville: Helen Chapman's Letters from the Texas Military Frontier, 1848-1852. Austin, Tex: Texas State Historical Association. ISBN 0-87611-115-0. 

Ligazóns exrernas

editar