Río Eifonso
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Eifonso.
O río Eifonso é un río galego que transcorre integramente polo concello de Vigo. Afluente do río Lagares, constitúe un dos espazos naturais con maior valor ecolóxico do concello vigués.[1] Recibe o seu nome da aldea de Eifonso, da parroquia de Bembrive.
Río Eifonso | |
---|---|
O río Eifonso ao seu paso por Bembrive, Vigo. | |
País | Galicia |
Nacemento | Monte das Lagoas |
Lonxitude | 6 km |
Conca | ? |
Caudal medio | ? |
Desembocadura | Río Lagares |
Descrición editar
Nace no Monte das Lagoas,[Cómpre referencia] próximo ao campus universitario vigués, a unha altura de 450 metros. Transcorre polas parroquias de Beade, Bembrive e Sárdoma, onde desauga no Lagares, tras percorrer 6 quilómetros. Á súa beira transcorre unha ruta de sendeirismo que atravesa fragas de ribeiras únicas no concello[1], muíños e unha fervenza. No camiño está o antigo poboado de Bene Vívere (Bembrive), xa abandonado, erguido no século X.
Galería de imaxes editar
-
Fervenza do río Eifonso en Bembrive, Vigo.
-
Ribeira do río Eifonso.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Recorrido Eifonso en Las mejores rutas de senderismo, Faro de Vigo.
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |