O Cerezuelo, tamén chamado Cazorla, é un curto río de Andalucía, un afluente do río Guadalquivir que discorre pola provincia de Xaén.

Río Cerezuelo
O Cerezuelo ao seu paso por Cazorla.
PaísEspaña
NacementoNacelrío, Serra de Cazorla
Lonxitude24,2 km
DesembocaduraRío Guadalquivir

Nace na paraxe coñecida como «Nacelrío», na serra de Cazorla e a metade do seu curso, xunto á ermida de Nubla, conflúe co río Cañamares, e a partir de aquí tamén se lle chama río da Vega de Cazorla. Posúe unha lonxitude de 9,7 km ata a confluencia co Cañamares e outros 14,5 ata a desembocadura no Guadalquivir, preto de Santo Tomé. Os seus principais afluentes son o regueiro Tramaya e o río Cañamares, ambos os dous pola dereita.

Cruza a localidade de Cazorla baixo a igrexa e praza de Santa María construída sobre unha bóveda sobre a canle do río.