Abrir o menú principal

O Carrión é un río de España, que discorre integramente pola provincia de Palencia. É afluente do río Pisuerga, que á súa vez flúe pola marxe esquerda ao río Douro, e que discorre pola comunidade autónoma de Castela e León. Nace en Fontes Carrionas, pertencente á rede de Espazos Naturais dentro do Parque Natural das Fontes Carrionas e Fonte Cobre-Montaña Palentina e pasa por Velilla del Río Carrión, Guardo, Saldaña, La Serna, Carrión de los Condes, Monzón de Campos, Palencia, e Villamuriel de Cerrato. Ao final da súa traxectoria únese co río Pisuerga no termo municipal de Dueñas.

Carrión
Rio Carrión.jpg
O Carrión no seu paso por Palencia.
PaísCastela e León Castela e León
España España
NacementoFontes Carrionas
Altitude2.220 m
Lonxitude179 km
Caudal medio657 hm³/ano; 20'83 m³/s
DesembocaduraRío Pisuerga

Na súa conca construíronse o encoro de Camporredondo e o encoro de Compuerto. A súa principal curiosidade é que a pesar dos seus 179 km de lonxitude todo o seu percorrido forma parte da provincia de Palencia.