O Beluso é un pequeno río galego da provincia da Coruña, que desemboca na beira setentrional da ría de Arousa.

Río Beluso
PaísGalicia Galicia
NacementoMonte Muralla
DesembocaduraRía de Arousa

Percorrido

editar

Nace a preto de 500 m de altura ao pé do monte Muralla (674 m), sito no sueste do concello de Lousame. Atravesa ese concello, para entrar logo no de Boiro, onde ten a súa foz en Ponte Beluso, no fondo norte da ría de Arousa.

Réxime hídrico

editar

É un río de réxime pluvial oceánico.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar