O Almanzora é un río de 105 km de lonxitude que corre pola provincia de Almería, na comunidade andaluza, no sueste de España. Desauga directamente no mar Mediterráneo.

Almanzora
Vista do encoro do Almanzora coa canle de piragüísmo en primeiro termo
PaísEspaña
NacementoSerra dos Filabres
Lonxitude105 km
DesembocaduraMar Mediterráneo
O Almanzora é o río máis importante no extremo oriental de Andalucía

Percorrido

editar

O sentido xeral do curso do río é de oeste a leste. Nace na vertente setentrional da serra dos Filabres, moi preto das lindes entre a provincia de Granada e a de Almería, a uns 1900 m.s.n.m. Até Alcóntar colle unha dirección norte, para emprender logo un decidido fluír cara levante, e alcanzar a veiga de Vera, onde desemboca, cerca de Palomares, no mar.

Afluentes

editar

Os seus afluentes son polo xeral curtos ao baixar das vertentes montañosas que arrodean o curso principal. Destacan:

Réxime hídrico

editar
  • É un río de réxime pluvial-torrencial, caracterizado por grandes e perigosas cheas, a última das cales se rexistrou en outubro de 1973.

Poboacións nas beiras

editar

Entre as poboacións sitas nas súas orelas destacan: Tíjola, Purchena, Zurgena, Vega de Almanzora e Vera.

O Almanzora identificase co denominado Surbo nos textos romanos. O nome árabe está ben documentado, porén a explicación habitual, p. ex. en Nieto Ballester, Breve diccionario de topónimos españoles. Madrid. 1997, s.v. Cuevas del Almanzora, que da do árabe al-mansura "a vitoriosa; lugar da vitoria", semella algo traído polos pelos, máis cando se compara con outros dous Puente Almanzora (Murcia) e Fuente Almanzora (Málaga), e lexitimamente cabería preguntarse se non hai atracción do máis coñecido nome Al-Mansur = Almanzor, por al-majar "curso de agua".