Quiscalus mexicanus
Quiscalus mexicanus é unha especie de ave paseriforme da familia Icteridae orixinario de América do Norte e do Sur. Está estreitamente relacionado co Quiscalus major e o Quiscalus palustris.[2]
Quiscalus mexicanus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho de Quiscalus mexicanus | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
![]() Mapa de distribución
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Cassidix mexicanus (Gmelin, 1788) |
Descrición
editarAmosa dimorfismo sexual, xa que os machos miden até 43 cm de lonxitude (cunha cola case tan longa coma o corpo), pesan 230 g, e son negros cun lustre iridiscente. As femias son máis pequenas; miden até 33 cm de lonxitude, pesan 125 g, e son marróns. O seu canto é unha mestura de sons fortes e estridentes. Son moi exitosos e intelixentes, quen de abrir bolsas e caixas de cartón en busca de comida. Adoitan arredar a especies máis pequenas e defenden os seus niños agresivamente emitindo un chasquido de alarma que pon en alerta ós demais.
Notas
editar- ↑ "Quiscalus mexicanus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Powell, A.F.L.A., F.K. Barker and S.M. Lanyon. 2008. A complete species-level phylogeny of the grackles (Quiscalus spp.), including the extinct Slender-billed Grackle, inferred from mitochondrial DNA. Condor 110:718-728." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quiscalus mexicanus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Quiscalus mexicanus |
Bibliografía
editar- Johnson, K., e B. D. Peer. 2001. Great-tailed Grackle (Quiscalus mexicanus). En The Birds of North America, Núm. 576 (A. Poole e F. Gill, eds.). The Birds of North America, Inc., Filadelfia, PA.