As quimiocinas ou quimioquinas forman parte dunha familia especializada de citoquinas, que funcionan como potentes mediadores ou reguladores da inflamación, pola habilidade de recrutar e activar subpoboacións específicas de leucocitos. As quimiocinas son unha grande familia de citoquinas estruturalmente homólogas que estimulan o movemento dos leucócitos e regulan a migración destes do sangue para os tecidos. Son tamén chamadas citoquinas quimiotáticas. As quimiocinas implicadas nas reaccións inflamatorias son producidas por leucocitos ou células residentes na zona de inflamación local, en resposta a estímulos externos, mentres que as quimiocinas que regulan o tráfico celular a través dos tecidos son producidas constitutivamente por varias células neses tecidos.

Estrutura da IL-8, unha das quimiocinas máis importantes

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar