Quercus dentata

especie de planta

Quercus dentata (en xaponés: カシワ; en chinés: 柞栎) é unha especie de árbore da familia das fagáceas, unha das numerosas incluídas no xénero Quercus.

Taxonomía editar

Descrición editar

Quercus dentata foi descrita por Carl Peter Thunberg, e publicada en Flora Japonica, . . . 177. 1784.[1]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Quercus.

O epíteto específico, dentata, está tirado do latín, que significa "con dentes".[2]

Subespecies editar

  • Quercus dentata subsp. dentata.
  • Quercus dentata subsp. stewardii (Rehder) A.Camus (1938).
  • Quercus dentata subsp. yunnanensis (Franch.) Menitsky (1973).

Sinónimos editar

  • Quercus dentata subsp. eudentata A.Camus (1938), nom. inval.
  • Quercus dentata var. laciniata Makino (1928).
  • Quercus dentata var. pinnatiloba Makino (1928).[3][4]

Distribución editar

É nativa do Xapón, Corea e a China.

Características editar

É unha árbore de folla caduca que alcanza os 25 m de altura cun tronco de 1 m de diámetro.

A súa follaxe é notábel para o seu tamaño, entre os máis grandes de todos os carballos, consiste nun pecíolo curto, de 1-1,5 cm e follas de 10-40 cm de longo e 15-30 cm de ancho, con bordos lobulados. As follas mortas a miúdo se conservan na árbore durante o inverno.

A floración prodúcese en maio, crecendo na extremidade dos novos talos. Produce landras que maduran en setembro-outubro.

Foi introducida en Inglaterra en 1830, onde crece en xardíns botánicos.

Galería editar

Notas editar

  1. "Quercus dentata". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 26 de novembro de 2022. 
  2. En Epítetos Botánicos
  3. Quercus dentata en PlantList
  4. "Quercus dentata". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 26 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Phillips, R. (1978). Trees in Britain, Europe and North America. Ward Lock.
  • Mitchell, A. F. (1974). Field Guide to Trees in Britain and Europe. Collins.
  • Lancaster, R. (1981). Hillier's Manual of Trees & Shrubs, 5th ed. Hillier and Sons.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar