Quentin Matsys
Quentin Matsys (escrito tamén Quinten ou Kwinten, e Massys, Matsys ou Matsijs), nado en Lovaina en 1466 e finado en Antuerpen o 4 de setembro de 1530, foi un pintor flamengo, fundador da Escola de Antuerpen.
Quentin Matsys | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de abril de 1466 e 1466 |
Lugar de nacemento | Lovaina |
Falecemento | 1530 e 14 de setembro de 1530 |
Lugar de falecemento | Antuerpen |
Soterrado | Catedral de Nossa Senhora |
Nacionalidade | Países Baixos do Sur e Reino dos Países Baixos |
Ocupación | pintor, artista, draftsperson e medalhista |
Nai | Christina Van Pullaer |
Fillos | Jan Matsys e Cornelis Massys |
Irmáns | Catharina Massys e Joost Massys |
Coñecido por | The Ugly Duchess, O cambista e a sua mulher e O Casamento Desigual |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

TraxectoriaEditar
Naceu na cidade de Lovaina, onde aprendeu a ser forxador. Moi logo entrou en contacto co pintor Dieric Bouts, quen o ensinou e puxo en coñecemento da obra de Memling e van der Weyden, de quen recibiu influencias. Con 25 anos marchou a Antuerpen, e a súa arte contribuíu a renovar a pintura fiamenga, a partir dos supostos de van Eyck e van der Weyden.
Matsys, ademais da súa vasta produción de temática relixiosa, tivo sona como retratista e entre as súas obras nese campo lémbranse: Retrato dun vello (1513), O cambista e súa muller (1514), o máis reproducido dos seus cadros, e A duquesa fea (1515).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Quentin Matsys |