Quentin Matsys

(Redirixido desde «Quentin Massys»)

Quentin Matsys (escrito tamén Quinten ou Kwinten, e Massys, Matsys ou Matsijs), nado en Lovaina en 1466 e finado en Antuerpen o 4 de setembro de 1530, foi un pintor flamengo, fundador da Escola de Antuerpen.

Quentin Matsys
Johannes Wierix (attr.) - Portrait of Quinten Massijs (I) , 1572 (cropped).jpg
Nacemento26 de abril de 1466 e 1466
Lugar de nacementoLovaina
Falecemento1530 e 14 de setembro de 1530
Lugar de falecementoAntuerpen
SoterradoCatedral de Nossa Senhora
NacionalidadeDucado de Brabante e Países Baixos dos Habsburgo
Ocupaciónpintor, artista, draftsperson e medalhista
NaiChristina Van Pullaer
FillosJan Matsys e Cornelis Massys
IrmánsCatharina Massys e Joost Massys
Coñecido porThe Ugly Duchess, O cambista e a sua mulher e O Casamento Desigual
Na rede
Discogs: 4143704 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Q. Matsys, O cambista e a súa muller, Museo do Louvre, París.

TraxectoriaEditar

Naceu na cidade de Lovaina, onde aprendeu a ser forxador. Moi logo entrou en contacto co pintor Dieric Bouts, quen o ensinou e puxo en coñecemento da obra de Memling e van der Weyden, de quen recibiu influencias. Con 25 anos marchou a Antuerpen, e a súa arte contribuíu a renovar a pintura fiamenga, a partir dos supostos de van Eyck e van der Weyden.

Matsys, ademais da súa vasta produción de temática relixiosa, tivo sona como retratista e entre as súas obras nese campo lémbranse: Retrato dun vello (1513), O cambista e súa muller (1514), o máis reproducido dos seus cadros, e A duquesa fea (1515).