Quen a soubera cantar
álbum musical de Fuxan os Ventos
Quen a soubera cantar é o quinto álbum de estudio do grupo galego de folk Fuxan os Ventos. Foi publicado en 1981 polo selo Ruada.
Quen a soubera cantar | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Fuxan os Ventos | ||||
Publicado | 1981 | |||
Estudio(s) | Audiofilm (Madrid) | |||
Duración | 39:52 | |||
Xénero(s) | Folk | |||
Selo(s) | Ruada | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Trátase do último disco da primeira etapa do grupo, que non conseguiu o espallamento que tivera o seu disco anterior, Sementeira (1978).
Lista de cancións
editar- Cara A
N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "O meu amor mariñeiro" | L. Álvarez Pousa · Xosé L. Rivas | 4:06 |
2. | "Pandeiretada de Outes" | Manuel Alegre · Xosé L. Rivas Cruz | 2:19 |
3. | "Romance da lavandeira" | Popular · Xosé L. Rivas | 3:08 |
4. | "Foliada do aleixo" | Antonio de Aleixo · Xosé L. Rivas | 2:08 |
5. | "Mencer" | Mª do Pilar Campo · Xesús Mato | 7:07 |
- Cara B
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
6. | "Cencia do adro" | Ramón Cabanillas · Xosé L. Rivas | 4:43 | ||||||
7. | "Longa noite" | María Docampo · Xosé L. Rivas · Popular | 5:26 | ||||||
8. | "Pra onde vas María" | Popular · Xoán L. Fuerte Saavedra | 2:27 | ||||||
9. | "Dame lume" | Popular · Mª do Pilar Campo D. · B. Iglesias | 3:39 | ||||||
10. | "Canción para adormiñar a lembranza" | Mª do Pilar Campo · Popular · Xosé L. Freire Rodríguez | 4:49 | ||||||
39:52 |