QuarkXPress

programa de autoedición

QuarkXPress é un programa de autoedición para computadores Mac OS X e Windows, producido por Quark Inc. Quark Inc. pode ser considerada como unha das primeiras empresas decanas de autoedición (xunto con Aldus, Adobe e Apple). A primeira versión de QuarkXPress apareceu en 1987.

QuarkXPress
Desenvolvedor(es)Quark, Inc.
Última versión10.0.1
(30 de novembro de 2013)
Sistema operativoMac OS X, Windows
TipoAutoedición, deseño
LicenzaPechada
Sitio webquark.com

Unha das primeiras tecnoloxías que fixeron despuntar ao programa foi o uso de XTensions que permiten a programadores externos implantar o seu propio software mediante o uso de extensións creadas por eles mesmos.

Ademais de QuarkXPress, Quark Inc. comercializa outro produto chamado "QuarkXPress Passport", que é basicamente o mesmo QuarkXPress coa capacidade de usar múltiples linguaxes na súa interface, separación de palabras etc.

Aínda que comparable a outros programas de autoedición como Adobe PageMaker ou Microsoft Publisher, QuarkXPress é o único, xunto a Adobe InDesign, que está considerado como unha ferramenta verdadeiramente profesional, dentro do gremio de editores, impresores e fotomecánicos.

Información da compañía editar

Quark, Inc. foi fundada en 1981 en Denver por Tim Gill e Mark Pope. Comezou a súa andaina creando software de procesamento de textos para o Apple II e o Apple III.

Fred Ebrahimi, quen se uniu a Quark en 1986, conseguiu implantar unha política expansiva comercial, que lanzou con grande éxito á empresa ao mercado internacional.

Tanto Gill, Ebrahimi ou Pope retiráronse actualmente da compañía. Fred Ebrahimi segue ocupando o posto de Director a título soamente oficial.

Historia editar

A primeira versión de QuarkXPress lanzouse en 1987 só para Mac. A versión para Windows demorouse ata 1992. Durante a década de 1990, QuarkXPress converteuse rapidamente na ferramenta de traballo preferida polos profesionais da maquetación e os impresores. En particular, a versión 3.3 (1996) foi un fito, que representaba unha versión estable, que usaba as fontes de Apple TrueType e que se converteu nun estándar da industria durante longo tempo.

Con máis do 90% do mercado durante na década dos 90, Quark foi acusada de monopolista e de cobrar prezos excesivos polo seu software. Adobe decidiu crear a súa propia aplicación de autoedición, InDesign, en 1999. A saída de QuarkXPress versión 5 en 2002 enfrontoulle con Apple, xa que non era compatible con Mac OS X, mentres que InDesign 2.0, que saíu nesa mesma semana, si o era.

Quark parece reconsiderar a súa política de prezos desde 2004 e tamén proporciona máis actualizacións.

Características editar

QuarkXPress é un programa de deseño con interface gráfica WYSIWYG. Texto e gráficos son tratados como elementos distintos (caixas de texto e caixas de gráficos). Ámbolos dous tipos de caixa son transformables nunha multitude de xeitos.

QuarkXPress ten dous modos de operación: contido (os comandos aplícanse dentro da caixa) e obxecto (posición da caixa e características). Cada modo ten o seu propios menús, facilmente accesibles mediante abreviaturas de teclado. O software permite situar os elementos na páxina cunha aproximación dunha milésima de polgada.

Quark integra táboas de cores Pantone e Hexachrome, ademais doutros espazos colorímetros. Na tarefa de separación de cor CMYK Quark destaca pola facilidade e rapidez para crear fotólitos.

QuarkXPress tamén ofrece sincronización de capas, múltiples niveis de desfacer, XML, HTML e capacidade de xerar PDFs.

A versión actual, QuarkXPress 7, engade capacidades para traballar cos formatos de tipografía OpenType e Unicode e os formatos de documento JDF e PDF/X-export. QuarkXPress 7 está dispoñible para Mac VOS X 10.4 e Windows XP.

Versión para servidor editar

En 2003 Quark lanzou unha versión para servidor, chamada QuarkDDS. Con esta aplicación conseguían engadir a funcionalidade de edición de páxinas a través dun navegador web.

En 2006 Quark renomeou QuarkDDS como "QuarkXPress Server".

Historia das versións editar

QuarkXPress 1 (1987) - Primeira versión só para Mac OS
Quarkxpress 2 (1989)
QuarkXPress 3 (1990) - Primeira versión con paleta de medidas e librerías
QuarkXPress 3.1 (1992) - Primeira versión para Windows
QuarkXPress 3.2 (1993) - Primeira versión con soporte Applescript e administración de cor
QuarkXPress 3.3 (1996) - Primeira versión PPC. Primeira versión Passport (opcional)
QuarkXPress 3.32 (1996) - Soporte para Quark Immedia
QuarkXPress 4 (1997) - Primeira versión con curvas bezier
QuarkXPress 4.1 (1999) - Soporte para PDF e XML
QuarkXPress 5 (2002) - Táboas e exportación a HTML
QuarkXPress Server (QuarkDDS) 
QuarkXPress 6 (2003) - Primeira versión para Mac OS X
QuarkXPress 6.1 (2004) - Importación de documentos Excel
QuarkXPress 6.5 (2004) - Admite Document Object Model e edición de imaxes
QuarkXPress 7 (2006) - Admite OpenType, Unicode, PDF/X e transparencias
QuarkXPress 7.01 (2006) - Primeira versión para Intel Macs (Universal binary), máis PPML.
QuarkXPress 7.02 (2006) - Admite linguaxes adicionais en Passport.
QuarkXPress 7.1 (2007) - Penúltima versión actualizada
QuarkXPress 7.3 (2007) - Última versión actualizada
QuarkXPress 8 (2008)
QuarkXPress 9 (2011)
QuarkXPress 10.0.1 (2013)  -  Para OS X Mavericks e Windows 8.1

Ligazóns externas editar

QuarkXPressen Quark.comArquivado 20 de novembro de 2007 en Wayback Machine. Comparacións con InDesign: Quark VS InDesign.com Creative Prol Ars Technica: CS1 vs. XPress 6; XPress 7 vs. CS2

Tutoriais para QuarkXPress: Quark VS InDesign.com: How-To Designorati:Desktop Publishing QuarkXPress 7 New Features @ lynda.com[Ligazón morta]QuarkXPress template tutorial