Qandeel Baloch

Feminista, activista, modelo e famosa paquistaní

Fouzia Azeem, (en urdú: فوزیہ عظیم)[1][2] nada no distrito de Dera Ghazi Khan, Paquistán, o 1 de marzo de 1990 e finada en Multan o 15 de xullo de 2016[2] foi unha modelo, actriz, activista feminista e celebridade de Internet paquistaní coñecida como Qandeel Baloch (en urdú: قندیل بلوچ). Baloch saltou á fama debido aos seus vídeos en que discutía a súa rutina diaria e varios temas controvertidos de temática erótica.[3]

Infotaula de personaQandeel Baloch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1990 Editar o valor em Wikidata
Dera Ghazi Khan, Paquistán Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xullo de 2016 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Multan (Paquistán) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Asfíxia Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadePaquistán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoModelo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónyoutubeira , activista , activista polos dereitos das mulleres , modelo , actriz Editar o valor em Wikidata

Páxina webqandeelbaloch.in Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm8529964 Facebook: OfficialQandeelBaloch Twitter: qandeelquebee Instagram: qandeelbalochofficial Find a Grave: 167109094 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Baloch recibiu o primeiro recoñecemento por parte dos medios de comunicación en 2013, cando fixo unha proba para Pakistan Idol;[2] a súa audición fíxose viral e converteuse nunha celebridade de Internet.[4][5] Foi unha das dez persoas máis buscadas de Internet en Paquistán tanto por admiración como por crítica ao contido dos seus vídeos e mensaxes.[6]

Na tarde do 15 de xullo de 2016, Baloch foi asfixiada mentres durmía na casa dos seus pais en Multan.[7][8] O seu irmán Waseem confesou o asasinato dicindo que estaba "desacreditando" a "honra da familia".[2][9][10][11]

Vida persoal editar

En 2008, cando tiña 17 anos, Baloch foi casada cun home local chamado Aashiq Hussain, curmán da súa nai,[1][12] con quen tivo un fillo. O seu marido golpeouna e torturouna acotío (a nai de Baloch, cando preparaba o corpo da súa filla para o funeral, atopou queimaduras de cigarro nos seus brazos). Ao ano de matrimonio, fuxiu a un refuxio de Darul Aman co seu fillo que acabou enfermando.[13] Ao non poder pagar o tratamento da enfermidade, tivo que renunciar á súa custodia[13] e, posteriormente, se divorciou.[1][12]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Redacción (13 de xullo de 2016). "Qandeel Baloch's ex-husband comes forward with startling claims". tribune.com.pk (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Zakaria, Rafia (19 de decembro d 2018). "They Wanted Her Body". longreads.com/ (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  3. Raza, Sarah; Rehman, Ayesha (9 de setembro de 2015). "Self proclaimed drama queen: Qandeel Baloch". Samaa TV. 
  4. "Hilarious audition of Qandeel Baloch In Pakistan Idol". ABP Live. 23 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2016. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  5. "Desperate for instant fame, Pakistan model Qandeel Baloch, who had recently made headlines with her antics to gain popularity, now has come with another way of grabbing the limelight.". Siasat.pk. 24 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  6. "Qandeel Baloch murder: This video gives an insight into the Pakistani model’s life". 16 de xullo de 2016. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  7. Gabol, Imran (16 de xullo de 2016). "Qandeel Baloch murdered by brother in Multan: police". Dawn News. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  8. Penzenstadler, Nick (16 de xullo de 2016). "Pakistani model killed after offending conservatives". USA Today. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  9. "Qandeel Baloch’s brother arrested, says he killed her for ‘honour’". Pakistan Today. 17 de xullo de 2016. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  10. Karasin, Ekin (16 de xullo de 2016). "Pakistani Instagram star Qandeel Baloch 'strangled in honour killing by her brother for posting raunchy clips and photos'". Daily Mail (Reino Unido). Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  11. Reilly, Katie (16 de xullo de 2016). "Pakistani Model Qandeel Baloch Strangled by Brother in Apparent ‘Honor Killing’". Time. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  12. 12,0 12,1 Redacción (13 de xullo de 2016). "Plot thickens: Qandeel Baloch was once married and has a son". tribune.com.pk (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  13. 13,0 13,1 Redacción (21 de febreiro de 2021). "Secret marriage of Qandeel Baloch; Mother of seven years old son". channel24.pk (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar