Pyynikin kesäteatteri

O Pyynikin kesäteatteri (en galego Teatro de Verán de Pyynikki) é un teatro ao aire libre situado no barrio de Pyynikki da cidade de Tampere, Finlandia. Especialmente coñecido polo seu auditorio xiratorio, é un dos teatros ao aire libre máis grandes de Finlandia e o que máis tempo leva en funcionamento do país.

Teatro de Verán de Pyynikki
Pyynikin kesäteatteri
O auditorio giratorio do Pyynikin kesäteatteri.
CidadeTampere
PaísFinlandia Finlandia
Coordenadas61°29′28″N 23°44′18″L / 61.491111, 23.738333Coordenadas: 61°29′28″N 23°44′18″L / 61.491111, 23.738333
Arquitecto/sReijo Ojanen (escenario xiratorio)
Dirixido porHanna Suurhasko
Capacidade836
Uso actualRepresentacións teatrais
Páxina webpyynikinkesateatteri.fi

Foi fundado polos actores Yrjö Kostermaa e Toivo Mäkelä, entrando en fncionamento en 1948 baixo o nome de Tampereen Kesäteatterin (en galego "Teatro de verán de Tampere") en Joselininniemi á beira do lago Pyhäjärven, onde aínda se celebran as representacións na actualidade. En 1955 o Club de Teatro de Tampere converteuse no seu responsable, mudando nese momento o seu nome pola súa denominación actual.

En 1959 completouse o auditorio xiratorio de 792 localidades obra de Reijo Ojanen.[1] Se ben na segunda metade da década de 1950 o teatro experimentara un notable crecemento, foi na década seguinte cando se produciu un auténtico avance logo de que a adaptación teatral do libro de Väinö Linna Tuntematon sotilas gañara unha gran popularidade que a levou a permanecer en cartel durante unha década. A partir de 1972 o Pyynikin kesäteatteri pasou a representar unha soa obra durante o verán.

Entre as décadas de 1980 e 1990 o teatro experimentou un período de transición logo das mortes de Olavi Veistäjä e Veli Sandelli, que tiveron unha grande influencia no Club de Teatro de Tampere. A institución liderada inicialmente por Rauli Lehtonen, a quen sucederon o profesor Panu Rajala.[1]

A mediados da década de 1990 reformouse o auditorio xiratorio, aumentando a súa capacidade ata os 836 asentos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Historia" (en finés). Pyynikin kesäteatteri. Consultado o 13 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar