Tuntematon sotilas

Tuntematon sotilas é unha novela bélica do escritor finlandés Väinö Linna, considerada a súa obra mestra. Publicada o 3 de decembro de 1954, a novela narra a Guerra de Continuación entre Finlandia e a Unión Soviética entre 1941 e 1944 dende o punto de vista dos soldados ordinarios finlandeses. Trátase dun relato ficticio baseado nas propias experiencias de Linna durante a guerra, a novela presenta unha visión máis realista ca a antiga imaxe romantizada do soldado finlandés noble e obediente. O autor deulle ás súas personaxes pensamentos independentes e críticos, e preséntanos con sentimentos humanos como o medo e a rebelión.

Tuntematon sotilas
Autor/aVäinö Linna
CubertaMartti Mykkänen
OrixeFinlandia Finlandia
Linguafinés
Xénero(s)novela bélica
EditorialWSOY
Data de pub.3 de decembro de 1954
editar datos en Wikidata ]

Aínda que se publicou con disparidade de opinión da crítica, Tuntematon sotilas axiña se converteu nun dos libros máis vendidos de Finlandia e é considerado tanto un clásico da literatura finlandesa como unha parte do legado nacional.