Pyrgus malvoides

especie de insecto

Pyrgus malvoides é un lepidóptero ropalócero da familia Hesperiidae.

Descrición editar

Ten unha envergadura alar de entre 24 e 26 mm.

Distribución editar

Atópase na Península Ibérica (España e Portugal), oeste e sur da Francia continental (ao sur, a partir dunha liña que une o departamento francés de Charente Marítimo, o Macizo Central e Alta Savoia), sueste de Suíza (sur de Engadina), suroeste de Austria (sur de Innsbruck) e Italia, incluíndo a península de Istria e Sicilia.[1][2]

Ausente nas illas Baleares, Córsega e Sardeña.[3]

Período de voo editar

Voa en dúas xeracións: a primeira, entre abril e xuño, e a segunda, entre finais de xullo e agosto; a grande altitude só hai unha, en xuño-xullo.[3][4]

Bioloxía editar

A eiruga aliméntase de Potentilla (especialmente, de Potentilla pensylvanica e Potentilla erecta), Agrimonia e Fragaria. Hiberna como pupa.[3]

Notas editar

  1. Pyrgus Malvoides (en alemán)
  2. Pytgus malvoides (en inglés)
  3. 3,0 3,1 3,2 Tolman, Tom; Lewington, Richard. Mariposas de España y Europa (en castelán). Lynx, 2011. ISBN 978-84-96553-84-2.
  4. Tshikolovets, Vadim V. Butterflies of Europe & the Mediterranean area (en inglés). Tshikolovets Publications, 2011. ISBN 978-80-904900-0-0.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar