En termodinámica e en fisicoquímica, un punto crítico é aquel límite para o cal o volume dun líquido é igual ao dunha masa igual de vapor ou, dito doutro xeito, no cal as densidades do líquido e do vapor son iguais. Se se miden as densidades do líquido e do vapor en función da temperatura e se representan os resultados, pode determinarse a temperatura crítica a partir do punto de intersección de ambas curvas.

Un típico diagrama de fase. A curva rubia amosa a variación da temperatura de sublimación dunha substancia. A curva verde marca a variación do punto de conxelación (o tramo de curva verde con puntos mostra o comportamento anómalo da auga) e a curva azul, a do punto de ebulición. Móstrase como a temperatura de sublimación, a de conxelación e a de ebulición varían coa presión. O punto de unión entre as tres curvas, a vermella, a verde e a azul, é o punto triplo. O punto crítico vese no extremo dereito da curva azul.

Temperatura e presión por riba das cales non se pode condensar un gas.

Condicións matemáticas do punto crítico editar

No punto crítico verifícase:

 

 

sendo   a presión ,   o volume molar,   a temperatura e   a temperatura crítica do sistema considerado.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar