Pseudolarix

especie de planta

Pseudolarix
Estado de conservación
Datos insuficientes
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Pseudolarix
Gordon
Especie: P. amabilis
Nome binomial
'Pseudolarix amabilis'
(Nelson) Rehder

Pseudolarix é un xénero monotípico da familia Pinaceae. A única especie, Pseudolarix amabilis (Falso lárice dourado) está estreitamente relacionado con Keteleeria, Abies e Cedrus. É nativo do leste da China, desenvolvéndose en pequenas áreas de montaña ao sur de Anhui, Zhejiang, Fujian, Jiangxi, Hunan, Hubei e leste de Sichuan, en altitudes de 100–1500 m.

Follas.

É unha árbore caediza que acada os 30–40 m de altura cunha coroa cónica. As follas (arume) de cor verde brillante son de 3–6 cm de lonxitude e 2–3 mm de longo, con dúas bandas de estomas na face posterior, as follas tórnanse de cor amarela dourada brillante no outono antes de caer.

As piñas son distintas, superficialmente semellan alcachofas, de 4–7 cm de lonxitude e 4–6 cm de largo, madurecen aos 7 meses da polinización cando se desintegran para guindaren as sementes aladas. Os conos masculinos como en Keteleeria, prodúcense en umbelas de varios xuntos.

É unha árbore moi atractiva como planta ornamental para parques e xardíns, é moi tolerante á calor e á humidade do verán crecendo con éxito no sueste dos Estados Unidos onde outros xéneros non teñen éxito. En Europa medra con éxito na rexión mediterránea con notábeis especies no norte de Italia; no afastado norte da Gran Bretaña medran a modo por mor dos fríos veráns daquela rexión.

Propiedades

editar
 
Bonsai exemplo.

Pseudolarix amabilis é unha das 50 plantas fundamentais da Medicina tradicional chinesa, onde se chama jīn qián sōng ().

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar