Proximidades Sevilla

Proximidades Sevilla (en castelán: Cercanías Sevilla) é o servizo ferroviario explotado por Renfe Operadora sobre unha infraestrutura de Adif, que comunica a cidade de Sevilla coas principais poboacións do val do Guadalquivir e a zona norte da comarca do Aljarafe.

A rede conta con cinco liñas en funcionamento, 254 km de vías férreas e 38 estacións. Algunhas ofrecen correspondencia co Metro de Sevilla e co Tranvía de Sevilla. En 2012 a rede moveu máis de 9 millóns de viaxeiros.

Liñas

editar
Liña Percorrido km
  Lora del Río - Sevilla-Santa Justa - Lebrija 106
  Sevilla-Santa Justa - Cartuja 13
  Sevilla-Santa Justa - Cazalla-Constantina 84
  Circular 18
  Jardines de Hércules - Sevilla-Santa Justa - Benacazón 33

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar