Provincias de Nova Zelandia
Para as actuais divisións de Nova Zelandia, véxase Organización territorial de Nova Zelandia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2b/Provinces_of_new_zealand_timeline1.gif/250px-Provinces_of_new_zealand_timeline1.gif)
As Provincias (provinces) de Nova Zelandia foron unha unidade de subdivisión territorial entre 1841 e a Lei de Abolición das provincias, que entrou en vigor o 1 de novembro de 1876.
Trala abolición as provincias pasaron a chamarse distritos provinciais (provincial districts). A súa única función na actualidade é determinar os límites xeográficos do día festivo coñecido como anniversary day, coa excepción das illas Chatham, Northland e South Canterbury.
1841 - 1853
editarCando Nova Zelandia converteuse nunha colonia separada de Nova Gales do Sur en 1841, o decreto real estableceu tres provincias:
- New Ulster (Illa Norte ao norte do río Patea)
- New Munster (Illa Norte ao sur do río Patea, máis a Illa Sur)
- New Leinster (Illa Stewart/Rakiura)
En 1846 o Parlamento Británico aprobou a primeira Constitución de Nova Zelandia, que foi practicamente suspendida segundo recomendación do Gobernador George Grey. As únicas provisións operativas eran relativas á reforma das provincias. As provincias reformadas era:
- New Ulster (Toda a Illa Norte)
- New Munster (A Illa Sur e Illa Stewart/Rakiura)
Ademais, as provincias separáronse por primeira vez do goberno central.
1853 - 1876
editarCreación
editarAs provincias formáronse polo Acta de Constitución de Nova Zelandia de 1852. Esta acta estableceu as primeiras seis provincias de Auckland, New Plymouth, Wellington, Nelson, Canterbury e Otago. Cada provincia tiña o seu propio corpo lexislativo, chamado Consello Provincial Provincial Council. que elixía o seu propio Presidente (speaker) e Superintendente.
Nas eleccións podían participar os varóns maiores de 21 anos que posuísen rendas de máis de 50 libras anuais. As eleccións celebrábanse cada catro anos. A acta de Constitución reformouse en 1856 para prover o nomeamento de Superintendente suplente.
A acta tamén creo unha Asemblea Xeral que consistía no Consello Lexislativo nomeado polo Gobernador e a Cámara de Representantes, de elección directa. Estas provincias constituíronse o 17 de xaneiro de 1853 e as regulacións que definían os seus límites foron publicadas oficialmente o 28 de febreiro.
Provincia | Condado independente | Constituída | Cambio de nome | Disolta | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Data | Separada de | Date | Novo nome | Data | Motivo | ||
Auckland | 1853 | 1 de novembro de 1876 | Provincias abolidas | ||||
New Plymouth | 1853 | 1 de xaneiro de 1859 | Taranaki | 1 de novembro de 1876 | Provincias abolidas | ||
Hawke's Bay | 1 de novembro de 1858 | Wellington | 1 de novembro de 1876 | Provincias abolidas | |||
Wellington | 1853 | 1 de novembro de 1876 | Provincias abolidas | ||||
Nelson | 1853 | 1 de novembro de 1876 | Provincias abolidas | ||||
Marlborough | 1 de novembro de 1859 | Nelson | 1 de novembro de 1876 | Provincias abolidas | |||
Westland | 1 de xaneiro de 1868 | 1 de decembro de 1873 | Canterbury | 1 de novembro de 1876 | Provincias abolidas | ||
Canterbury | 1853 | 1 de novembro de 1876 | Provincias abolidas | ||||
Otago | 1853 | 1 de novembro de 1876 | Provincias abolidas | ||||
Southland | 25 de marzo de 1861 | Otago | 5 de outubro de 1870 | Unificada con Otago |
Abolición
editarPracticamente desde a súa fundación, as provincias de Nova Zelandia foron obxecto de debate político. Na Asemblea Xeral apareceron dúas faccións: os "centralistas", que defendían un goberno central forte e os "provincialistas", que defendían gobernos rexionais fortes. Os centralistas da Asemblea Xeral consideraban que as provincias eran egoístas e tendentes ao clientelismo. Por exemplo, na construción de ferrocarrís, tres das provincias construíran con diferente ancho de vía (tal e como sucedeu en Australia): os Ferrocarrís Provinciais de Canterbury construíran vía ancha, mentres que en Southland utilizouse a estándar. Como resultado, a Lei de Obras Públicas de 1870 (Public Works Act) tivo que estandarizar o ancho de vía, e o primeiro ferrocarril de Otago, a liña de Port Chalmers, construír co novo estándar. O Tesoureiro da Colonia (e despois Premier) Julius Vogel lanzou o seu famoso programa de inmigración e obras públicas na década de 1870, mediante un préstamo enorme de millóns de libras para levar a cabo importantes infraestruturas en estradas, ferrocarrís e comunicacións, todas elas administradas polo goberno central. Isto reduciu notablemente o poder das provincias. As provincias foron abolidas finalmente pola Lei de Abolición das Provincias de 1876, durante o mandato do Primeiro Ministro Harry Atkinson. As provincias deixaron de existir para os efectos da lei o 1 de xaneiro de 1877.
Substitución
editarTrala abolición das provincias, os gobernos locais convertéronse en electivos. A lei de condados de 1876 (Counties Bill) creou 63 condados a partir das antigas provincias. Os límites das provincias serviron como zonas administrativas para o departamento de Educación establecido pola lei de educación de 1877 e para a administración de varios departamentos gobernamentais.
Uso moderno dos antigos nomes
editarÉ importante mencionar que os distritos provinciais teñen límites diferentes aos das actuais rexións, por exemplo, a rexión de Manawatu-Wanganui está no seu maior parte no distrito provincial de Wellington.
Algúns dos nomes perduran noutros contextos, como os distritos administrativos de sanidade.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Superintendentes provinciais
- "New Zealand’s Nine Provinces (1853–76)" - Welcome to the Hocken Bulletin No.31 March 2000, Friends of the Hocking Collections - Dunedin 2000
- Speeches and Documents on New Zealand History, McIntyre and Gardner (Eds), 1971, Oxford University Press