Provincia de Çanakkale
provincia de Turquía
Çanakkale é unha das provincias de Turquía, sitúase no noroeste do país na rexión de Mármara. A capital é a cidade de Çanakkale. Conta cunha parte europea (Tracia) e outra asiática (Anatolia) separadas polo estreito dos Dardanelos que conecta o Mar de Mármara co Exeo. A parte europea está por formada pola península de Gallípoli mentres a asiática coincide en gran parte coa rexión histórica de Tróade. A súa superficie é de 9737 km² e a poboación de 490.397 habitantes (2010). Na provincia atópase o sitio arqueolóxico de Troia.
Çanakkale ili (tr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Turquía | ||||
Capital | Çanakkale | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 540.662 (2018) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Bañado por | Mar de Mármara, Dardanelos, Mar Exeo e Edremit Gulf (en) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17000–17999 | ||||
Prefixo telefónico | 286 | ||||
ISO 3166-2 | TR-17 | ||||
Código NUTS | TR222 | ||||
Sitio web | canakkale.gov.tr |