Abrir o menú principal

Providencia é un xénero de bacterias gramnegativas da familia Enterobacteriaceae. Algunhas cepas, como as da especie P. stuartii son patóxenos oportunistas en humanos e poden causar infeccións do tracto urinario, especialmente en pacientes con catéteres colocados durante longo tempo ou con queimaduras graves extensas. Outras cepas, como as de P. burhodogranariea e P. sneebia atopáronse na hemolinfa da mosca da froita Drosophila melanogaster.[1]

Providencia fermenta a glicosa, como é xeral nas enterobacteriáceas, pero non pode fermentar a lactosa. Son bacterias móbiles, citrato positivas, produtoras de gas e con capacidade de desaminar a fenilalanina. Algunhas cepas son resistentes á ampicilina.

O nome do xénero fai referencia á cidade de Providence, Rhode Island, EUA.[2]

NotasEditar

  1. Juneja, P.; Lazzaro, B. P. (2009). "Providencia sneebia sp. Nov. And Providencia burhodogranariea sp. Nov., isolated from wild Drosophila melanogaster". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 59 (Pt 5): 1108–11. doi:10.1099/ijs.0.000117-0. PMID 19406801.
  2. LPSN Providencia
  • Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed. ed.). McGraw Hill. ISBN 0-8385-8529-9.