Abrir o menú principal

En bioloxía molecular unha proteína Ter, tamén chamada proteína de unión ao sitio de terminación da replicación do ADN, é unha proteína que ten un dominio (Ter) que se une ao sitio de terminación da replicación do ADN. As proteínas Ter atópanse nalgunhas especies de bacterias. Son necesarias para a terminación da replicación do ADN e funcionan uníndose a secuencias de terminadoras da replicación, o que impide o paso da forquita de replicación.[1] A eficiencia da terminación está afectada pola afinidade de cada proteína pola secuencia terminadora.

Proteína Ter
PDB 1sut EBI.jpg
Estudo de RMN da repetición de prolina de tus
Identificadores
Símbolo Ter
Pfam PF05472
InterPro IPR008865
SCOP 5eau
SUPERFAMILY 5eau

FunciónEditar

A secuencia término (ter) da replicación do ADN ten o papel de impedir o progreso da forquita de replicación, que estas proteínas bloquean.[2] Hai dous xenes que controlan a actividade de unión a ter, chamadas tau e tus.[1]

Dominios proteicosEditar

As proteínas Ter conteñen dous dominios. O dominio N-terminal está composto por hélices alfa, un sándwich beta, e tres bucles. O dominio C-terminal está constituído por dúas hélices alfa e unha folla beta.[3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Hidaka M, Kobayashi T, Takenaka S, Takeya H, Horiuchi T (December 1989). "Purification of a DNA replication terminus (ter) site-binding protein in Escherichia coli and identification of the structural gene". J. Biol. Chem. 264 (35): 21031–7. PMID 2687269. 
  2. Hidaka M, Kobayashi T, Horiuchi T (1991). "A newly identified DNA replication terminus site, TerE, on the Escherichia coli chromosome.". J Bacteriol 173 (1): 391–3. PMC 207198. PMID 1824765. 
  3. Kamada K, Horiuchi T, Ohsumi K, Shimamoto N, Morikawa K (1996). "Structure of a replication-terminator protein complexed with DNA.". Nature 383 (6601): 598–603. PMID 8857533. doi:10.1038/383598a0.