Progress M
Progress M, tamén coñecida como Progress 7KTGM e polo seu índice GRAU como 11F615A55 e 11F615A60, é unha versión mellorada das naves de carga soviéticas/rusas Progress 7K-TG, derivadas á súa vez das naves tripuladas Soiuz, utilizadas para levar cargamento (víveres e instrumentos) ás estacións Mir primeiro e ISS despois.[1][2][3]
Progress M | |
---|---|
Progress M-52, unha nave de tipo Progress M | |
Tipo | Carga |
Fabricante | RKK, RAKA[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz U, Soiuz U2, Soiuz 2-1a[1][2][3] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[1][2][3] |
Obxectivo da misión | Envío de carga a estacións espaciais tripuladas.[1][2][3] |
Masa | 7250 kg[1][2][3] |
Potencia | 600 vatios[1][2][3] |
Características
editarAs naves Progress da clase M pódense dividir nas naves da clase orixinal e na clase mellorada, coa diferenza principal de que as primeiras usaban un ordenador Argon 16 como o das Progress orixinais mentres que as segundas comezaron a utilizar unha computadora TsVM-101, moito máis lixeira (70 kg contra 8,3 kg). Outra diferenza é o uso dun sistema de telemetría dixital máis lixeiro (denominado MBITS) que o sistema analóxico das primeiras. Utilizan ademais un módulo de servizo e sistemas de cita e amarre herdados das naves Soiuz T. As Progress M orixinais numéranse de maneira normal (Progress M-1, Progress M-2...) mentres que as melloradas engaden unha "M" ao final (Progress M-1M, Progress M-2M...).[1][2][3]
As naves Progress M teñen un tamaño similar ás Soiuz e unha masa lixeiramente maior. Son capaces de acoplarse automaticamente co seu destino, aínda que se poden pilotar remotamente en caso necesario, e poden usar os seus motores para elevar a órbita da estación.[1][2][3]
Son lanzadas mediante foguetes Soiuz U, Soiuz U2 e Soiuz 2-1a, os mesmos que lanzan as naves Soiuz, coa diferenza de que non se usa torre de escape ao tratarse de naves non tripuladas. Despois de insertadas en órbita tardan uns dous días en achegarse á estación. Despois de cumprir a súa misión, as Progress desacóplanse da estación e reentran na atmosfera, destruíndose. Nalgúns casos poden levar unha pequena cápsula de reentrada no interior do mecanismo de acoplamento e na que os astronautas poden introducir pequenas cargas, como resultados de experimentos científicos, para ser devoltas a terra con seguridade.[1][2][3]
Nave
editarAs Progress están compostas, ao igual que as Soiuz, por tres módulos:[1][2][3]
- O módulo de carga, que nas Progress ocupa o lugar do módulo orbital nas Soiuz. Transporta carga presurizada á que poden acceder os astronautas desde a estación a través do zapón de acoplamento. Á súa vez o módulo énchese con refugallos e desperdicios da estación que se queimarán durante a reentrada da nave.
- O módulo de reabastecemento de propelente, que ocupa o lugar do módulo de descenso nas Soiuz, é usado para transferir propelente ao sistema de propulsión da estación a través de tubos situadas no sistema de acoplamento. O propelente do módulo de reabastecemento tamén pode ser usado pola Progress mentres está acoplada para exercer tarefas de control de actitude da estación ou para elevar ou diminuír a súa órbita. As Progress M levan dous tanques de combustible e dous de oxidante xunto con dous de auga, mentres que as M1 teñen oito tanques de propelente e ningún de auga.
- O módulo instrumental e de servizo é parecido ó da Soiuz, coa sección instrumental presurizada o dobre de longo e con aviónica adicional.
As naves poden levar un total de 2350 kg, repartidos do seguinte xeito (en cantidades máximas):[2][3]
- Carga máxima presurizada: 1800 kg
- Volume de carga: 6.6 m3
- Auga: 420 kg
- Osíxeno e aire: 50 kg
- Propelente: 850 kg
- Propelente sobrante do sistema de propulsión: 250 kg
- Lixo no módulo de carga: 1600 kg
- Augas residuais: 400 kg
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Mark Wade (2011). "Progress M" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2016.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Progress-M 1 - 13, 15 - 37, 39 - 67 (11F615A55, 7KTGM)" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2016.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Progress-M 1M - 29M (11F615A60, 7KTGM)" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Progress M |