Progress (nave espacial)

Progress, tamén coñecida como Progress 7KTG e polo seu índice GRAU como 11F615A15, foi un tipo de nave de carga soviética derivada á súa vez das naves tripuladas Soiuz, utilizadas para levar cargamento (víveres e instrumentos) ás estacións Saliut e Mir.[1][2]

Progress
Maqueta dun cargueiro Progress
TipoCarga
FabricanteRKK[1][2]
Foguete portadorSoiuz U, Soiuz U2[1][2]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[1][2]
Obxectivo da misiónEnvío de carga a estacións espaciais tripuladas.[1][2]
Masa6520 kg[1][2]

Características

editar

As naves Progress foron as primeiras naves de carga desenvolvidas na Historia. Tiñan unha masa en baleiro de 6.520 kg e cargadas de ata 7.020 kg. Medían 7,48 m de altura e ao igual que as naves Soiuz estaban divididas en tres seccións, pero coa sección orbital típica das Soiuz substituída por un módulo de 4 m3 para levar carga presurizada e o módulo de reentrada substituído por unha sección chea de propelente para transferir á estación espacial. As naves Progress podían permanecer en órbita ata 30 días. Lanzáronse un total de 43 naves Progress mediante foguetes Soiuz U e Soiuz U2, todas desde o cosmódromo de Baikonur e con éxito.[1][2]

Historial de lanzamentos

editar
Nave[1][2] Data[1][2] Lanzador[1][2] Resultado[1][2] Notas
Progress 1 20 de xaneiro de 1978 Soiuz U Éxito Primeiro voo dunha Progress.
Progress 2 7 de xullo de 1978 Soiuz U Éxito
Progress 3 7 de agosto de 1978 Soiuz U Éxito
Progress 4 3 de outubro de 1978 Soiuz U Éxito
Progress 5 12 de marzo de 1979 Soiuz U Éxito
Progress 6 13 de maio de 1979 Soiuz U Éxito
Progress 7 28 de xuño de 1979 Soiuz U Éxito
Progress 8 27 de marzo de 1980 Soiuz U Éxito
Progress 9 27 de abril de 1980 Soiuz U Éxito
Progress 10 29 de xuño de 1980 Soiuz U Éxito
Progress 11 28 de setembro de 1980 Soiuz U Éxito
Progress 12 24 de xaneiro de 1981 Soiuz U Éxito
Progress 13 23 de maio de 1982 Soiuz U Éxito
Progress 14 10 de xullo de 1982 Soiuz U Éxito
Progress 15 18 de setembro de 1982 Soiuz U Éxito
Progress 16 31 de outubro de 1982 Soiuz U Éxito
Progress 17 17 de agosto de 1983 Soiuz U Éxito
Progress 18 20 de outubro de 1983 Soiuz U Éxito
Progress 19 21 de febreiro de 1984 Soiuz U Éxito
Progress 20 15 de abril de 1984 Soiuz U2 Éxito
Progress 21 7 de maio de 1984 Soiuz U Éxito
Progress 22 28 de maio de 1984 Soiuz U Éxito
Progress 23 14 de agosto de 1984 Soiuz U Éxito
Progress 24 21 de xuño de 1985 Soiuz U Éxito
Kosmos 1669 19 de xullo de 1985 Soiuz U Éxito
Progress 25 19 de marzo de 1986 Soiuz U2 Éxito
Progress 26 23 de abril de 1986 Soiuz U2 Éxito
Progress 27 16 de xaneiro de 1987 Soiuz U2 Éxito
Progress 28 3 de marzo de 1987 Soiuz U2 Éxito
Progress 29 21 de abril de 1987 Soiuz U2 Éxito
Progress 30 19 de maio de 1987 Soiuz U2 Éxito
Progress 31 3 de agosto de 1987 Soiuz U2 Éxito
Progress 32 23 de setembro de 1987 Soiuz U2 Éxito
Progress 33 20 de novembro de 1987 Soiuz U2 Éxito
Progress 34 20 de xaneiro de 1988 Soiuz U2 Éxito
Progress 35 23 de marzo de 1988 Soiuz U2 Éxito
Progress 36 13 de maio de 1988 Soiuz U2 Éxito
Progress 37 18 de xullo de 1988 Soiuz U2 Éxito
Progress 38 9 de setembro de 1988 Soiuz U2 Éxito
Progress 39 25 de decembro de 1988 Soiuz U2 Éxito
Progress 40 10 de febreiro de 1989 Soiuz U2 Éxito
Progress 41 16 de marzo de 1989 Soiuz U2 Éxito
Progress 42 5 de maio de 1990 Soiuz U2 Éxito Último voo dunha Progress.
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Mark Wade (2020). "Progress" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Progress 1 - 42 (11F615A15, 7K-TG)" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar