Perfume de muller
(Redirección desde «Profumo di donna»)
Perfume de muller (en italiano: Profumo di donna) é un filme italiano dirixido por Dino Risi, baseado na historia Il buio e il miele, de Giovanni Arpino. Tanto Risi e o actor protagonista Vittorio Gassman gañaron importantes premios franceses e italianos. Estivo nomeado na 48ª edición dos Oscar na categoría de Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Fíxose un remake estadounidense co título Scent of a Woman.
Perfume de muller | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Profumo di donna |
Director | Dino Risi |
Produtor | Pio Angeletti Adriano De Micheli |
Guión | Rugger Maccari Dino Risi |
Intérpretes | Vittorio Gassman Alessandro Momo Agostina Belli |
Música | Armando Trovajoli |
Fotografía | Claudio Cirillo |
Distribuidora | 20th Century Fox (USA) |
Estrea | 20 de decembro de 1974 8 de outubro de 2017 (TVG) |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
Estreouse subtitulado en galego o 8 de outubro de 2017 a través da TVG.[1]
Personaxes
editar- Vittorio Gassman como Fausto Consolo
- Alessandro Momo como Giovanni Bertazzi
- Agostina Belli como Sara
- Moira Orfei como Mirka
- Torindo Bernardi como Vincenzo
- Alvaro Vitali como Vittorio
Notas
editar- ↑ "Programación da TVG". La Opinión. 8 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 48ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Perfume de muller na IMDb (en inglés).