Os prismas de xeo, tamén chamados po de diamante, están constituídos por cristais de xeo con forma de agullas ou láminas, tan pequenos que semellan estar suspendidos no aire. Estes cristais poden caer dunha nube ou do ceo despexado.

Prismas de xeo en Inari, Finlandia. Humidade relativa: arredor do 80%, temperatura: ca. −16 °C.

Este fenómeno meteorolóxico tamén se coñece simplemente como cristais de xeo e infórmase no código METAR como IC. O po de diamante fórmase xeralmente baixo ceos que doutra maneira estarían despexados ou case despexados, polo que ás veces chámaselle precipitación de ceo despexado. O po de diamante obsérvase con maior frecuencia na Antártida e o Ártico, mais pode ocurrer en calquera lugar cunha temperatura moi por debaixo o punto de conxelación. Nas rexións polares da Terra, o po de diamante pode persistir durante varios días sen interrupción.

Formación

editar

Estes cristais de xeo fórmanse xeralmente cando hai unha inversión de temperatura na superficie e o aire máis quente sobre o chan se mestura co aire máis frío preto da superficie.[1] Xa que o aire mái quente contén a miúdo máis vapor de auga ca o aire máis frío, esta mestura tamén adoita transportar vapor de auga ao aire preto da superficie, o que fai que aumente a humidade relativa do aire preto da superficie. Se o aumento da humidade relativa preto da superficie é grande abondo, pódense formar cristais de xeo.

  1. Glossary of Meteorology (xuño de 2000). "Diamond Dust". American Meteorological Society. Arquivado dende o orixinal o 2009-04-03. Consultado o 2010-01-21. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar