Prins Karls Forland

A Illa Príncipe Carlos Forland (en noruego: Prins Karls Forland o Forlandet), é unha illa do océano Ártico, que forma parte do arquipélago de Svalbard. A illa está directamente ao oeste da Terra de Óscar II (Oscar II Land) en Spitsbergen e constitúe a parte occidental de Svalbard. Toda a illa e a zona marítima circundante constitúe o Parque nacional Forlandet (Forlandet nasjonalpark).

Prins Karls Forland
Russia - Spitsbergen - Prins Karls Forland.PNG
Localización da illa
Svalbard (Norway) CIA map.gif
Mapa do arquipélago
Situación
PaísNoruega Noruega
MarOcéano Ártico
Coordenadas78°34′13″N 11°7′25″L / 78.57028, -11.12361Coordenadas: 78°34′13″N 11°7′25″L / 78.57028, -11.12361
Xeografía
Superficie615 km²
Longura máxima86 km.
Largura máxima11 km.
Punto máis alto1.084 m. Monacofjellet
Demografía
PoboaciónDeshabitada

HistoriaEditar

A illa avistouse por primeira vez polo explorador neerlandés Willem Barents en 1596. En 1610, o explorador inglés Jonas Poole chamouna "Illa Punto Negro" (Black Point Isle). En 1612 os baleeiros ingleses referíanse á illa como (Prince Charles Foreland), polo fillo do Rei James, Carlos ou Charles (máis tarde rei de Inglaterra e Escocia). Os neerlandeses chamárona Illa Kijn, por un comerciante, que, subindo a un escarpado outeiro en 1612, caeu e rompeuse o pescozo. Os ingleses construíron unha estación temporal da caza de baleas na punta norte da illa, coñecida por eles como Fair Foreland (hoxe Fuglehuken).

 
Punta norte da Illa.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar