Principio de autoridade (taxonomía)

En taxonomía, o principio de autoridade era un principio tácito hoxe en desuso segundo o cal o nome válido dunha especie biolóxica era o que lle atribuíra o máximo especialista no grupo ao que pertencía dita especie.

Obviamente, podía existir máis dun zoólogo que se considerara a si mesmo como máximo especialista, polo que non existía acordo sobre cal era o nome correcto dunha especie. Isto produciu unha gran proliferación de nomes científicos na literatura zoolóxica durante o século XIX, o que creou unha gran confusión entre a comunidade científica e o uso interesado dos nomes por partidarios dun ou doutro zoólogo.

Todo isto rematou coa aparición dun Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, unha ferramenta aceptada internacionalmente e que ten como finalidade a estabilidade dos nomes científicos e a determinación do nome que debe usarse para denominar unha especie concreta de animal.

Na actualidade, a nomenclatura zoolóxica réxese polo principio de prioridade, segundo o cal o nome válido dunha especie é o máis antigo. Todos os demais nomes dese taxon considéranse sinónimos.